Verial, Alceo de
Verial, Alceo de
Cabaleiro. Habitante de Verial e descendente do emperador romano Calígula, matou unha serpe xigantesca, chamada Saavedra, que adoraban os seus veciños, os baluros. Por iso foi considerado o fundador da liñaxe dos Saavedra. O seu nome tamén se relacionou co de Hércules.