"Bo" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 4083.

  • MONTES

    Monte situado na parroquia de Paradela (Manzaneda). O seu cumio acada os 1.380 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ten cinco sílabas.

    2. Verso de cinco sílabas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Nome que recibe o anión [B 2 (O 2 ) 2 (OH) 4 ] 2- , que se obtén por tratamento de boratos con peróxidos de hidróxeno.

    2. Sólido moderadamente soluble en auga que se descompón liberando peróxido de hidróxeno e que se obtén por reacción do ácido bórico con peróxido sódico. Emprégase como axente branqueante, como xermicida, como desodorizante e en odontoloxía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Pedagogo e bibliotecario, contribuíu a normativizar o occitano e a restituír a súa grafía clásica. En 1919 participou na fundación da Escôla Occitana en Avignonnet e, en 1939, converteuse no seu presidente. Da súa obra poética destaca Lo got occitan (1903), L’arada (1906), Las cansons del pople (1923), La debanadora (1924), Lo libre dels Auzèts (1924) e Fablèls et Fablèls calhòts (1936).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor. Foi discípulo de Joaquim Sorolla e cultivou o retrato, a paisaxe urbana e mariñeira e a composición figurativa. A sobriedade das súas escenas contrasta co seu folclorismo. Utilizou o trazo amplo, con pinceladas directas e enérxicas e con grande interese pola luz e a cor. Recibiu a mención honorífica na Exposición Nacional de Bellas Artes de 1904, 1906 e 1908. Da súa produción destaca Las dos hermanas (1904).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta. De tendencia posromántica, o seu traballo está marcado pola melancolía e por un ton poético rico en matices. Foi precursor do modernismo en Venezuela, sobre todo a través das súas traducións de H. Heine e E. A. Poe, en especial da obra deste último, The Raven. A súa poesía foi recollida nos libros Estrofas (1877) e Ritmos (1880).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Anarcosindicalista. Coñecido como João Peres, emigrou a Brasil en 1915. Residiu en São Paulo, onde participou activamente en numerosas folgas; en 1924 encabezou o comité revolucionario desta cidade. Sufriu torturas durante o período fascista de Getúlio Vargas e foi desterrado a Rio Grande do Sul. Á caída da ditadura de Vargas, retornou a Rio de Janeiro onde participou na fundación do xornal Ação Direta.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (León 24.1.1256 - Gaucín, Málaga 19.9.1309) Nobre e militar, señor de Sanlúcar de Barrameda. Conseguiu para Afonso X a axuda do rei de Fez na loita contra o futuro Sancho IV. Nomeado gobernador de Tarifa (1293), destacou na defensa contra os benimeríns. En 1309 participou na expedición contra Almería que conquistou Xibraltar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Poetisa. Na súa obra reflicte algúns temas como a vida, a familia, a natureza e a amizade, sempre desde un punto de vista próximo á relixión. Colaboradora de El Álbum de la Caridad, El Almanaque Gallego e El Ángel del Hogar, escribiu Cantos de la infancia (1865), con prólogo de Manuel Murguía; Devocionario infantil (1867), dedicado ao príncipe de Asturias Afonso XII; e Horas perdidas (1874), en que inclúe diversas composicións de temática relixiosa. Foi galardoada con accésit en diversos certames literarios de Lleida e co loureiro de ouro nos Xogos Florais de Zaragoza (1874).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Espazo pechado situado arredor dun lugar sagrado ou dun edificio, en especial dun templo clásico.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. División estratigráfica, con categoría de supersistema, que agrupa o Carbonífero e o Permiano, unidos por razóns de analoxía paleontolóxica.

    2. Nome dado inicialmente, en Rusia, ao Artinskiano.

    3. Termo que designa algunhas formacións locais do Paleozoico Superior, das que non é posible precisar se son permianas ou carboníferas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ao Permocarbonífero.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • DISTRITOS

    Distrito unitario de Inglaterra, Reino Unido, situado 120 km ao N de Londres (344 km2; 156.061 h [2001]). O río Nen comunícao co mar mediante embarcacións de pouco calado. A súa economía baséase nas industrias siderúrxicas, de maquinaria, de conservas e de ladrillos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Charles Mordaunt.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Sarandós (Abegondo). Construíuse con muros de cantaría e ten planta en forma U, formada por dúas torres unidas a un corpo central. Presenta varias alturas e destaca o escudo da fachada principal. Foi declarada BIC en 1994.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de insectos, da orde dos dípteros, que teñen as ás alongadas e o corpo formando ángulo coa cabeza. Portan a Rickettsia, que provoca a bartonelose.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome das dúas sondas enviadas a Marte e aos seus satélites pola Unión Soviética (1988). A Phobos-1 foi lanzada o 7 de xullo e a Phobos-2 cinco días despois. A primeira obtivo imaxes en raios X da coroa solar; a Phobos-2 estivo a 50 m da superficie de Fobos. Chegou á órbita de Marte en 1989.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xornalista e escritor. Correspondente literario en El Imparcial, La Europa e El Progreso, inscribiuse en tendencias naturalistas francesas, cun estilo semellante ao de E. Pardo Bazán, e destacou polas súas novelas, El enemigo (1887) e Sacramento (1914), e as coleccións de contos, como Mujeres (1911). Defensor do amor natural, está considerado como un dos precedentes da novela erótica. Como crítico da arte publicou Apuntes para la historia de la caricatura (1878) e Del desnudo en el arte (1902). Foi membro da Real Academia Española (1900) e da Real Academia de Bellas Artes de San Fernando (1902).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Trombose da vea porta.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Boris Andréievich Vogau.

    VER O DETALLE DO TERMO