perborato

perborato

(< per- + borato)

  1. s m [QUÍM]

    Nome que recibe o anión [B 2 (O 2 ) 2 (OH) 4 ] 2- , que se obtén por tratamento de boratos con peróxidos de hidróxeno.

  2. perborato sódico [QUÍM]

    Sólido moderadamente soluble en auga que se descompón liberando peróxido de hidróxeno e que se obtén por reacción do ácido bórico con peróxido sódico. Emprégase como axente branqueante, como xermicida, como desodorizante e en odontoloxía.

Palabras veciñas

Peravia | perbenzoico, ácido | Perbes | perborato | Perbòsc, Antonin | perca | Perca