perborato
perborato
(< per- + borato)
-
s
m
[QUÍM]
Nome que recibe o anión [B 2 (O 2 ) 2 (OH) 4 ] 2- , que se obtén por tratamento de boratos con peróxidos de hidróxeno.
-
perborato sódico
[QUÍM]
Sólido moderadamente soluble en auga que se descompón liberando peróxido de hidróxeno e que se obtén por reacción do ácido bórico con peróxido sódico. Emprégase como axente branqueante, como xermicida, como desodorizante e en odontoloxía.