perca

perca

(

  1. s f [ANIMAL/ICT]

    Calquera das 150 especies de peixes óseos que presentan, separadas ou moi xuntas, dúas aletas dorsais. A aleta dianteira é espiñenta e a traseira de raios brancos; a aleta anal ten unha ou dúas espiñas.

  2. perca americana [ANIMAL/ICT]

    Peixe teleósteo que pode medir ata 60 cm de longo. Ten un corpo alongado, cabeza forte, mandíbula superior que chega ata o nivel posterior do ollo e a mandíbula inferior sobresae un pouco en relación á posterior. Presenta aleta dorsal dividida en dúas partes, a anterior espiñenta e máis baixa ca a posterior, que é branda. A cor é cincenta verdosa no dorso, os flancos e ventre son prateados e tamén nos flancos aparecen unhas manchas castañas, máis intensas nas crías. Aliméntase nas primeiras fases de vida de plancto, despois de insectos acuáticos e cando son adultos de peixes e doutros vertebrados. Especie orixinaria do L e S de EE UU e do N de México, foi introducida na Península Ibérica en 1955 para a práctica da pesca deportiva. En Galicia é abundante no Sil e en lagoas e pozas das Gándaras de Budiño.

  3. perca anana [ANIMAL/ICT]

    Peixe teleósteo de reducido tamaño, de corpo alongado e cunha aleta dorsal. Vive en cardumes en augas tranquilas, transparentes e de fondos areosos. É unha especie invasora orixinaria de América do Norte e Central que foi introducida na Península Ibérica.

  4. perca sol [ANIMAL/ICT]

    peixe sol.

Palabras veciñas

Perbes | perborato | Perbòsc, Antonin | perca | Perca | percal | percalina