Perca
Perca
[ANIMAL/ICT]
Xénero de peixes perciformes, da familia dos pércidos, que poden acadar os 60 cm de lonxitude e que teñen dúas aletas dorsais moi xuntas, ou unha dividida, a primeira con raios duros e a segunda con raios moles. Destaca a especie Perca fluviatilis, de cor dourada con bandas laterais escuras. Habita en augas doces, é moi voraz e aliméntase de peixes pequenos. Está espallada por gran parte de Europa e Asia.