"car" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 3676.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xardín situado na Coruña. De estilo romántico, na súa orixe foi unha fortaleza. Consérvanse as murallas rodeando o seu perímetro e no interior atópanse o Arquivo do Reino de Galicia e o sepulcro de sir John Moore. Foi declarado BIC en 1944.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Título outorgado por Carlos III en 1765 a Antonio Pardo e Sánchez de Taibo , señor de San Xoán de Carballo, que se dedicou ao comercio coas Indias desde a súa residencia en Cádiz. Os seus sucesores foron Celestina Pardo Quindós , II marquesa de San Juan de Carballo, Manuel María Pardo Liaño , III marqués de San Juan de Carballo, Antonia Pardo Liaño e Tirado , IV marquesa de San Juan de Carballo, José López Liaño , V marqués de San Juan de Carballo, e á súa morte o título estivo vacante ata que se rehabilitou en 1968 con Estevo Carballo de Cora e González (Lugo 1905-Madrid 1982), VI marqués de San Juan de Carballo. En 1983 outorgouse Real Carta de Sucesión a favor do seu fillo Esteban Carballo de Cora Romero e en 2002 esta sucesión cancelouse e expediuse Real Carta de Sucesión a favor de María de los Ángeles Esquivias García del Cid . Trae por armas,...
-
-
GALICIA
Parroquia do concello de Palas de rei. baixo a advocación de San mamede.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
-
PERSOEIRO
Historiadora. Doutora en Historia (1991) pola Universidade de Santiago Compostela. Publicou La educación ambiental en la E.X.B. e E.E.M.M. (1988), El Bajo Miño en el siglo XV: el espazo y los hombres (1991), Río Tinto, 1888: La cuestión de humos (1993) e El Bajo Miño en el siglo XV. El espazo y los hombres (1997).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Tenista. Profesional desde 1985, foi número un do tenis feminino mundial entre febreiro e xuño de 1995, e mantívose entre as 10 primeiras entre 1989 e 2001. Foi campioa de Roland Garros en 1989, 1994 e 1998, e do US Open en 1994. Membro do equipo español da Copa Federación (1986-1998, 2000-2002), gañou o torneo en 1991, 1992, 1994, 1995 e 1998. Participou nos Xogos Olímpicos de Seúl 1988, en Barcelona 1992 -medalla de bronce individual e a medalla de prata en dobres con C. Martínez-, en Atlanta 1996 - medalla de prata individual e a de bronce en dobres con C. Martínez-, e en Sydney 2000. Recibiu o Premio Príncipe de Asturias de los Deportes (1998) e a Gran Cruz de la Orden del Mérito Deportivo (2001). Retirouse en 2002.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Tenista. Foi o primeiro español clasificado entre os dez primeiros da ATP (7º en 1990) e acadou o número 1 en dobres en 1989. Gañou 15 títulos individuais e, formando parella con Sergio Casal, 44 títulos de dobres. Foi campión de Roland Garros en dobres (1988 e 1990) e dobres mixtos (1987), e do US Open en dobres (1988) e dobres mixtos (1987). Retirouse en 1995.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Clemente VIII.
-
PERSOEIRO
Poeta. Fundador do grupo da nova poesía moderna, publicou os seus poemas na revista Poetry, fundada por H. Anderson. Da súa produción destacan Abraham Lincoln: The War Years (Premio Pulitzer, 1940), Remembrance Rock (1948) e Complete Poems (Premio Pulitzer, 1951).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Formar sangue, especialmente converter os produtos da dixestión en sangue.
-
GALICIA
Xurista e político. Ao remate da Guerra Civil Española, ingresou no Corpo Xurídico Militar. Alcalde da Coruña (1963-1965), baixo o seu mandato constituíuse o Instituto José Cornide de Estudios Coruñeses e o padroado de vivendas Nosa Señora do Rosario. Presidiu o Instituto Nacional de Previsión.
VER O DETALLE DO TERMO -
FILOSOFOS
Filósofo hindú. Os seus comentarios aos Brahma-sūtra de Bādarāyana, aos principais Upani ṣ ad e ao Bhagavad-Gītā fano o principal representante do Vedānta e da filosofía advaita.
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Cádiz, Andalucía (60.254 h [2001]). Ademais de centro turístico, na súa economía destaca a pesca, a industria alimentaria e as salinas.
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Sevilla, Andalucía, situado ao SO da cidade de Sevilla e regado polo río Guadiamar (10.858 h [2001]). É un centro comarcal agrícola e gandeiro.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Guitarrista e compositor. De nome Manuel Muñoz Alcón, aos 17 anos gravou o seu primeiro disco. Da súa discografía destaca a triloxía Mundo y Forma de la Guitarra Flamenca (1971-1972), a ópera flamenca Evangelio gitano (1981) e Locura de brisa y tino (1998), en homenaxe a F. García Lorca.
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Tarragona, Catalunya, situado ao S do delta do Ebro (11.572 h [2001]). A economía baséase na agricultura, para a que se recuperou os solos salgados do delta, a explotación das salinas, a pesca e o turismo.
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio situado no litoral da illa de Mallorca, Illes Balears (6.503 h [2001]). Ten cultivos de secaño, amendoeiras e cereais, e o turismo é a principal actividade económica.
VER O DETALLE DO TERMO