San Juan de Carballo, marquesado de

San Juan de Carballo, marquesado de

Título outorgado por Carlos III en 1765 a Antonio Pardo e Sánchez de Taibo , señor de San Xoán de Carballo, que se dedicou ao comercio coas Indias desde a súa residencia en Cádiz. Os seus sucesores foron Celestina Pardo Quindós , II marquesa de San Juan de Carballo, Manuel María Pardo Liaño , III marqués de San Juan de Carballo, Antonia Pardo Liaño e Tirado , IV marquesa de San Juan de Carballo, José López Liaño , V marqués de San Juan de Carballo, e á súa morte o título estivo vacante ata que se rehabilitou en 1968 con Estevo Carballo de Cora e González (Lugo 1905-Madrid 1982), VI marqués de San Juan de Carballo. En 1983 outorgouse Real Carta de Sucesión a favor do seu fillo Esteban Carballo de Cora Romero e en 2002 esta sucesión cancelouse e expediuse Real Carta de Sucesión a favor de María de los Ángeles Esquivias García del Cid . Trae por armas, en campo de goles, aguia de sable, picada, membrada, armada e coroada de ouro. No timbre, coroa marquesal.

Palabras veciñas

San Juan | San Juan | San Juan de Aznalfarache | San Juan de Carballo, marquesado de | San Juan de la Peña | San Juan de la Rambla | San Juan de Ortega