San Juan de la Peña

San Juan de la Peña

Abadía beneditina situada en Boltaña (Huesca) no val de Atarés, á beira do Camiño Francés de Peregrinación a Santiago. Está construída baixo unha gran pena, que lle deu o nome. Habitado por ermitáns, en 920 fundouse un mosteiro dedicado a san Xián e santa Basilisa, do que se conserva a igrexa mozárabe, que serve de cripta da igrexa superior. O Rei Sancho III de Navarra fundou o mosteiro dedicado a san Xoán. No mosteiro vello (ss X-XII), declarado BIC en 1889, destacan o claustro románico do s XII e o Panteón Real, mandado construír por Carlos III. Tras o incendio de 1675, construíuse o mosteiro novo, declarado BIC en 1923, cunha igrexa de tres naves e seis capelas laterais.