"qu" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 4475.

    1. Sistema regulamentado de apostas mutuas que consiste xeralmente en prever os resultados dunha competición deportiva, especialmente de fútbol.

    2. Papel impreso en que se fan estas apostas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ou quen xoga ás quinielas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Alcaloide presente na quina. Empregouse en América do Sur para o tratamento do paludismo, e foi introducida en Europa polos casteláns no s XVII. Foi illada en estado puro por P. J. Pelletier e J. B. Caventou en 1820, a súa estrutura foi elucidada por P. Rabe en 1931 e a súa síntese total foi feita por R. B. Woodward e W. E. von Doering en 1944. Ten acción antimalárica e antidisentérica, e é inhibidora dos enzimas oxidativos, polo que tamén presenta acción antipirética, e actúa sobre os centros nerviosos, especialmente o cerebro, polo que provoca unha gran diminución da sensibilidade ante a dor. Emprégase no tratamento de neuralxias e cefalalxias e, polo seu gusto amargo, como aditivo sápido na auga tónica e noutras bebidas non alcohólicas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto de fenómenos morbosos que se producen no organismo debidos á intoxicación por quinina.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antonio Rodolfo Oaxaca Quinn.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actor cinematográfico. Coñecido como Anthony Quinn, representou cun gran temperamento caracteres duros e aventureiros impregnados dun certo primitivismo. Dos seus máis de 150 filmes cómpre destacar: Viva Zapata (1952), en que recibiu o Oscar ao mellor actor secundario; La strada (1954), Zorba, the Greek (1964), The Shoes of Fisherman (1968), Lion of the Desert (1981), Revenge (1990), Jungle of Fever (1991) e Oriundi (1999).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Joaquín Salvador Lavado Tejón.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Nome que recibe o porco familiarmente.

    2. oz que se emprega para chamar ao porco.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Base heterocíclica nitroxenada, que é un líquido incoloro, que se escurece lentamente pola acción do aire e da luz, de olor característico, pouco soluble en auga e soluble nos disolventes orgánicos habituais, que se conxela a -15°C, ferve a 238°C e ten unha densidade de 1,093. Xunto cos seus derivados goza dunha grande importancia industrial e é a primeira materia para a preparación dos colorantes de cianina. Tamén se emprega na manufactura da 8-hidroxiquinolina e do ácido nicotínico, como base orgánica e como intermediario de síntese.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • quinoleína.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Parte que corresponde a cada un dos participantes nunha repartición.

    2. Parte da pesca que lle corresponde aos mariñeiros.

    3. partilla.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Composto dicarbonílico caracterizado pola transformación de dous grupos -CH= dun sistema aromático en dous grupos carbonil (>C=O), coa reorganización correspondente dos dobres enlaces do sistema. Ten a propiedade da súa redución reversible a compostos dihidroxílicos aromáticos, que pode ser conseguida tanto por medios químicos como electroquímicos, polo que ten aplicación na preparación de eléctrodos para a determinación do pH. Tamén se empregan como oxidantes e na preparación de colorantes.

    2. Derivado quinónico do benceno, isométrico, que se emprega na manufactura de colorantes e na preparación de hidroquinona.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome abreviado da ubiquinonacitocromo c-redutase, enzima que transfire hidróxeno da quinona ao citotromo c.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Autor dramático. Cultivou o entremés de carácter satírico de costumes e de intención moralizante, e publicou a colección Jocoseria. Burlas veras, o reprehensión moral y festiva de los desórdenes públicos [...] (1645).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Nobre, III marqués de San Carlos, I marqués de Alcedo e Grande de España. Propietario do pazo de Castrelos, o 12 de decembro de 1924 doouno ao Concello de Vigo coa condición de que non saíse nunca do dominio público e que se destinase a museo de arte e parque público, coa denominación de Parque de Quiñones de León. A doazón fíxose efectiva en 1934.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Parque Municipal Quiñones de León.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pazo de Castrelos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Serie de cadernos monográficos editados en Vigo a partir de 1978. Incluían información sobre diversos santuarios e castros de diferentes concellos galegos, notas sobre escavacións e prospeccións arqueolóxicas, e localizacións de petroglifos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e médico salvadoreño. Dirixiu o Partido Demócrata e foi presidente interino (1914-1915), vicepresidente (1913-1914, 1915-1918 e 1919-1923) e presidente (1923-1927) da República de El Salvador. Erradicou o paludismo do seu país.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Eclesiástico e liturxista, fillo dos condes de Luna. Ingresou na orde franciscana, da que foi designado ministro xeral en 1523. Nomeado cardeal en 1527, publicou un novo breviario romano para uso privado dos cregos e relixiosos, desautorizado por Pío V en 1568, pero substancialmente adoptado por Pío X en 1911.

    VER O DETALLE DO TERMO