quinoleína

quinoleína
Nome científico: [benzo[b] piridina: C<sub> 9</sub> H<sub> 7</sub> N]
s f [QUÍM]

Base heterocíclica nitroxenada, que é un líquido incoloro, que se escurece lentamente pola acción do aire e da luz, de olor característico, pouco soluble en auga e soluble nos disolventes orgánicos habituais, que se conxela a -15°C, ferve a 238°C e ten unha densidade de 1,093. Xunto cos seus derivados goza dunha grande importancia industrial e é a primeira materia para a preparación dos colorantes de cianina. Tamén se emprega na manufactura da 8-hidroxiquinolina e do ácido nicotínico, como base orgánica e como intermediario de síntese.

Sinónimos

Palabras veciñas

Quinn, Antonio Rodolfo Oaxaca | Quino | quino -na | quinoleína | quinolina | quiñón | quinona