"AND" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 3994.

  • Estado do NL de Brasil (53.307 km2; 2.776.782 h [2000]). A súa capital é Natal. Limita ao N co Océano Atlántico, ao S co estado de Paraíba e ao O co de Ceará. O seu terreo ascende suavemente cara ao interior, que está constituído por unha serie de altiplanos (chapadas) e cordilleiras de materiais metamórficos. É o principal produtor de sal do país. Concedido polo Rei Xoán III de Portugal a João de Barros, a súa colonización fracasou e o territorio pasou á coroa. Ocupado logo polos holandeses, en 1654 volveu á coroa. O movemento revolucionario de 1817 proporcionoulle unha capitanía xeneral propia, e en 1822 converteuse en provincia do imperio portugués ata 1889, ano en que foi transformado en estado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estado de Brasil, o máis meridional de todos (282.062 km2; 10.187.798 h [2000]). A súa capital é Porto Alegre. Limita ao N co estado de Santa Catarina, ao L co Océano Atlántico, ao S con Uruguay e ao O con Arxentina. Distínguense dúas rexións fisiográficas separadas pola depresión central. A rexión septentrional forma parte do escudo brasileiro (Serra Geral), con altiplanos de gres e basalto. Ao S, coñecido como La Campanha, dominan as chairas, aínda que algunhas serras de materiais graníticos se prolongan ata Uruguay. O clima é de tipo subtropical e continental en La Campanha e as chuvias, moi irregulares, pero abundantes. Destacan a gandaría e a agricultura con cultivos de arroz, tabaco, mandioca e viño. Posúe carbón, ouro, cobre, ferro e cinc. A zona foi reclamada polos portugueses desde 1531, pero converteuse nun territorio fronteirizo que disputaron tamén os españois. Provincia do imperio portugués (1821) e escenario dunha guerra civil (1835-1845), foi tamén a...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Sindicalista. Coñecida como Caridad Mercader, residiu en Barcelona desde os seis anos ata que en 1925 marchou, cos seus cinco fillos, a Francia. Militou na XV Sección do Parti Socialiste Français (1928) e, ao estalar a Guerra Civil Española (1936-1939), pasou a Catalunya e afiliouse ao Partit Socialista Unificat de Catalunya (PSUC). Posteriormente, no exilio interveu directamente na organización do asasinato de Trockij en México (1940), que cometeu o seu fillo Ramón Mercader i del Río. Posteriormente residiu en París.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Osmo (Cenlle). Datada no s XVIII, trátase dun conxunto arquitectónico formado por un edificio principal construído con cantaría de granito e varias construcións adxectivas unidas cara ao interior que forman unha planta irregular. O portal decórase con placas, volutas, pináculos e cilindros e sobre a porta atópanse tres escudos. Conserva unha capela nunha pequena leira pechada cun muro exterior.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Casa Grande de Cabanas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Naturalista. Estudou a carreira de ciencias e comenzou pero non rematou a de medicina. Foi catedrático de Historia Natural dos institutos de Pontevedra, Donostia e Santiago de Compostela. Publicou diversos artigos e Elementos de Historia Natural (1895). Foi membro da Real Sociedad Española de Historia Natural e académico correspondente da Real Academia Galega.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e xurista. Membro do goberno provisional da Segunda República, foi ministro de Xustiza (1931), de Instrución Pública e Belas Artes (1931-1933) e de Estado (1933). Foi embaixador en Washington durante a Guerra Civil Española (1936-1939).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Topógrafo. Dedicado á investigación arqueolóxica, colaborou na delimitación, confección e estudo do plano da zona de protección monumental do centro histórico de Ourense. Publicou La Vía romana XVIII (via nova): revisión de su trazado y mensuración (2000) e Consideraciones sobre la antigüedad del episcopado auriense y la génesis de su diócesis: el rol del Parochiale Suevum y otras cuestiones (2003). É académico correspondente da Real Academia Galega.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Foi un dos membros fundadores do grupo El Paso. A súa obra caracterizouse pola introdución de teas metálicas, moitas veces coloreadas e coas que logrou contrastados efectos luminosos e espaciais. Destacan as series La metamorfosis (1958-1963), Mandalas (1974) e Albercas (1980).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (Frisia 1031?- Kassel 13.10.1092) Conde de Flandres (1071-1092) e de Holanda (1063-1071), fillo do conde Balduíno V. Sucedeu ao seu sobriño, o conde Arnulfo III. Enconmendáronlle a tutela do conde Arnulfo III de Flandres, fillo do seu irmán, o conde Balduíno VI, e apropiouse do condado coa axuda das cidades.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Duque de Normandie (1028-1035), fillo do duque Ricardo II e sucesor do seu irmán Ricardo III. Enfrontouse coa nobreza feudal, especialmente coa eclesiástica, ao fomentar a reforma da clerecía en Normandie. Foi pai do futuro Guillerme I de Inglaterra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Conde de Flandres (1093-1111), fillo e sucesor de Roberto I. Participou na Primeira Cruzada e, ao seu regreso a Europa, enfrontouse co Emperador Enrique IV. Aliado con Luís IV de Francia, loitou contra Inglaterra e morreu afogado no asedio de Meaux.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (? 1054? - Cardiff 1134) Duque de Normandie (1087-1106), fillo e sucesor do duque Guillerme II (Guillerme I de Inglaterra). Rebelouse contra o seu pai en 1077-1078 e en 1082-1083. Viviu exiliado en Italia ata a morte deste. Ao tempo que o sucedía no ducado, o seu irmán Guillerme II de Inglaterra invadiu o territorio (1091), polo que se viu obrigado a cederlle os condados de Eu e Aumale.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político, III marqués de Molíns, I marqués de Rocamora, III vizconde de Rocamora, fillo de Mariano Roca de Togores Carrasco. Pertenceu ao corpo diplomático e careceu de distrito electoral propio polo que representou a diversas provincias. En Galicia foi deputado polo distrito de Ponte Caldelas en dúas ocasións entre 1905 e 1910.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Modalidade de música lixeira que xurdiu a mediados da década de 1950 en EE UU, de ritmo 4/4, fortemente acentuado nos tempos segundo e cuarto. Orixinariamente era unha versión branca do rythm and blues, propio dos negros estadounidenses. Coa aparición de intérpretes brancos, como Bill Haley e, sobre todo, Elvis Presley, acadou unha audiencia masiva. A finais desa década xa eran numerosos os intérpretes e os compositores, e estendeuse a Reino Unido, onde tivo unha grande implantación grazas aos grupos The Beatles, The Rolling Stones ou The Who. Impúxose como un dos sinais de identidade máis característicos da mocidade da época en Europa e noutros países do mundo.

    2. Estilo de danza de 4 ou 6 tempos que se baila ao son da música homónima. Ten unha modalidade acrobática.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Sevilla, Comunidad Autónoma de Andalucía (4.212 h [2001]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor e fotógrafo ruso. Participou no movemento non obxectivo dos construtivistas con K. Malevič e V. Tatlin. Creou unha serie de construcións para organizar ritmicamente o espazo a base de formas dinámicas. En 1921 incorporouse ao produtivismo (1921), onde experimentou coa fotografía subxectiva, os escorzos e as fotomontaxes (1923). Abandonou a fotografía en 1942.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Relixioso. Abade do mosteiro de San Salvador de Samos, recibiu importantes privilexios do Rei Fernando II. Nomeado bispo de Lugo (1182-1218), tivo que enfrontarse á resistencia dos fregueses e dos propios monxes do mosteiro de Samos a recoñecer o señorío bispal, único recoñecido na cidade de Lugo. Para reducir as tensións, asinou un pacto de concordia cos representantes da cidade, paz que sancionou o rei en 1199.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Dramaturgo. Coñecido como Alejandro Casona, foi o máximo representante dun teatro poético e de evasión, antihistórico e fantástico. Escribiu La sirena varada (1934, Premio Lope de Vega) e Nuestra Natacha (1935). En México estreou Prohibido suicidarse en primavera (1937) e en Arxentina La dama del alba (1944), considerada unha das súas obras máis destacadas; La barca sin pescador (1945) e Los árboles mueren de pie (1949).

    VER O DETALLE DO TERMO