Rio Grande do Norte
Rio Grande do Norte
Estado do NL de Brasil (53.307 km2; 2.776.782 h [2000]). A súa capital é Natal. Limita ao N co Océano Atlántico, ao S co estado de Paraíba e ao O co de Ceará. O seu terreo ascende suavemente cara ao interior, que está constituído por unha serie de altiplanos (chapadas) e cordilleiras de materiais metamórficos. É o principal produtor de sal do país. Concedido polo Rei Xoán III de Portugal a João de Barros, a súa colonización fracasou e o territorio pasou á coroa. Ocupado logo polos holandeses, en 1654 volveu á coroa. O movemento revolucionario de 1817 proporcionoulle unha capitanía xeneral propia, e en 1822 converteuse en provincia do imperio portugués ata 1889, ano en que foi transformado en estado.