Río Hortega, Pío del
Río Hortega, Pío del
Histólogo e citólogo. Desenvolveu as técnicas de impregnación arxéntea, e a aplicación dalgúns dos seus métodos permitiu a descrición da microglía e de catro tipos de células de oligodendroglía (glía neurotropa), diferenciándoas das células de mesoglía, chamadas hoxe células de Hortega. Exiliado en Arxentina, foi nomeado director do Instituto Nacional del Cáncer en Bos Aires. Escribiu Nomenclatura y clasificación de los tumores del sistema nervioso (1945).
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Portillo, Valladolid -
Deceso
Lugar : Bos Aires