"eo" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 3592.

  • GALICIA

    Pintor. Formado en Madrid, a súa pintura é realista e caracterízase polo dominio técnico, en especial do debuxo, e pola captación da psicoloxía dos personaxes. Cultivou o retrato, as naturezas mortas, sobre todo de animais, a paisaxe e os tipos populares. Destacan as obras, Autorretrato, Muller aldeá e Neno do niño.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Ilustrador. Ilustrou, entre outros libros, O coelliño branco (1999; Premio Nacional de Ilustración), Os dous corcovados (2000), A auga está enferma (2002), O caracol remoldiño (2003), Adivinanzas de animales (2004) e Fantasmas no corredor (2005).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político inglés, conde (1617), primeiro marqués (1618) e cuarto duque (1623) de Buckingham. Baixo Xaime I, de quen foi amante e favorito, e Carlos I dirixiu a política exterior inglesa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e diplomático británico, conde de Clarendon (1838). Como embaixador do seu país en Madrid (1833-1839), interveu na vida política española en favor dos liberais. Foi gobernador de Irlanda (1847-1852) e ministro de Asuntos Exteriores (1853-1858), durante a Guerra de Crimea e noutras ocasións (1865-1866 e 1868-70).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor. Mestre de capela do príncipe de San Severo, en Nápoles, sucedeu a A. Scarlatti como mestre da capela real. Compuxo a comedia musical Lo cecato fauzo (1719) e a ópera Publio Cornelio Scipione (1722), e converteuse no primeiro compositor de óperas napolitanas, moitas delas con libreto de Metastasio. Foi autor de oratorios, misas, motetes, cantatas e arias.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Leonardo da Vinci.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que se asemella á cor violeta.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás violáceas.

    2. Planta da familia das violáceas.

    3. Familia de plantas, da orde das violais, de distribución cosmopolita, e integrada por unhas 900 especies de plantas herbáceas ou leñosas, con follas xeralmente simples, alternas e estipuladas, con flores hermafroditas, cigomorfas ou actinomorfas, pentámeras e de ovario súpero unilocular, solitarias ou dispostas en inflorescencias en acio, e con froitos en cápsula loculicida ou raramente en baga.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Teorema segundo o que no movemento dun sistema nunha rexión limitada do espazo, e cunha enerxía potencial que é unha función homoxénea das coordenadas, é posible establecer unha relación sinxela entre os valores medios das enerxías potencial e cinética.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás vitáceas.

    2. Planta da familia das vitáceas.

    3. Familia de lianas ou arbustos gabeadores, da orde das ramnais, con follas alternas, xeralmente palmatilobuladas, inflorescencias en acio ou en cima, flores actinomorfas, hermafroditas ou polígamas, tetrámeras ou pentámeras, e xineceo súpero, bicarpelar e bilocular, e froito en baga. Conta con preto de 700 especies, a maioría de rexións cálidas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Duque de Savoia (Vítor Amadeu II, 1675-1730) e rei de Sicilia (Vítor Amadeu I, 1713-1718) e de Sardeña (1720-1730). Formou parte da Liga de Augsburgo contra Francia (1689) e opúxose a Francia na Guerra de Sucesión Española. Como consecuencia das paces de Utrecht (1713) e de Rastatt (1714) obtivo o reino de Sicilia, que cambiou en 1720 polo de Sardeña. Reformou a administración e as finanzas dos seus estados. En 1730 abdicou en favor do seu fillo Carlos Manuel III.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Duque de Savoia (1630-1637), fillo de Carlos Manuel I. En 1603 foi enviado a Madrid como pretendente á sucesión da coroa, pero o plan fracasou. Asinou os tratados de Cherasco (1631) e de Rivoli (1635), que confirmaron a presión francesa sobre Piemonte.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Sardeña (1773-1796) e duque de Savoia (Vítor Amadeo III: 1773-1792), fillo e sucesor de Carlos Manuel III. Durante a Revolución Francesa cortou as relacións con Francia, que ocupou Savoia e o condado de Niza (1792). Vencido por Napoleón (1796), renunciou ao reino polo Tratado de París.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Vítor Amadeo I de Sardeña.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Vítor Amadeo II de Sardeña.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que é de vidro ou parecido a el.

    2. Aplícase á estrutura das rochas que se presentan en masas amorfas e co aspecto do vidro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Teórico, organista e compositor alemán. Grande improvisador, é autor de obras instrumentais, vocais e escénicas. Considérase o precursor da etnomusicoloxía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fenómeno morfosintáctico que consiste en utilizar como suxeito de segunda persoa singular a forma vos en lugar de . En castelán, ata despois do Siglo de Oro, utilizábase a forma de tratamento vos para distinguilo do , que só se aplicaba a persoas consideradas inferiores. Pero tamén existía usted, que estaba reservado a persoas de gran respecto, pero que ao longo do tempo foi gañando o terreo que perdeu a forma vos, que só se utiliza cando se quere imitar a linguaxe arcaica ou para dirixirse a Deus ou aos santos. Non obstante, en Hispanoamérica a forma vos pasou a ocupar o lugar de tú, que quedou sen uso.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (Múnic 1880 - Washington 1962) Romanista alemán. Especializouse en estudos sardos e interesouse por toda a pan-Romania. Colaborou no atlas lingüístico de Italia e publicou La lingua sarda (1951) e o Dizionario etimologico sardo (1957-1962).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (Nova York 18.11.1906 - Cambridge, Massachusetts 12.4.1997) Biólogo. Recibiu, xunto con Granit e Hartline, o Premio Nobel de Fisioloxía ou Medicina (1967) polos seus estudos sobre a acción da vitamina A nos procesos fotoquímicos da retina.

    VER O DETALLE DO TERMO