2 violáceo -a

2 violáceo -a

(

  1. adx

    Relativo ou pertencente ás violáceas.

  2. s f [PLANTA]

    Planta da familia das violáceas.

  3. s f pl [PLANTA]

    Familia de plantas, da orde das violais, de distribución cosmopolita, e integrada por unhas 900 especies de plantas herbáceas ou leñosas, con follas xeralmente simples, alternas e estipuladas, con flores hermafroditas, cigomorfas ou actinomorfas, pentámeras e de ovario súpero unilocular, solitarias ou dispostas en inflorescencias en acio, e con froitos en cápsula loculicida ou raramente en baga.

Palabras veciñas

violábel | violable | 1 violáceo -a | 2 violáceo -a | violación | violador -ra | violal