"Ea" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 3634.

  • Entrada e saída ruidosa do aire a través do orificio dunha ferida torácica que comunica a pleura co aire exterior.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ENSEADAS

    Enseada da Costa da Morte situada no litoral da parroquia de Xaviña, no concello de Camariñas, entre a punta do Boi, ao O, e o cabo Veo, ao L.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Falar moito e sen sentido.

    2. Usar diferentes recursos para conseguir un obxectivo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xurista e político francés. Como deputado e membro de diferentes organismos directivos, participou no proceso revolucionario francés. Foi un dos redactores da Constitución Civil do Clero (1790) e do Código de Napoleón (1800-1804).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antibiótico que se obtén do Streptomyces antibioticus e se emprega como oleandomicina, aínda que se absorbe mellor e ten unha acción máis rápida.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Corte de xustiza das Comunidades Europeas con sede en Luxemburgo. A súa misión consiste na aplicación e a recta interpretación dos tratados fundacionais e das normas legais das comunidades. Está formado por 15 xuíces e 9 avogados xerais, nomeados para un período de 6 anos de común acordo polos estados membros. Os xuíces designan entre eles ao presidente e están asistidos polos avogados xerais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xeomorfólogo. Profesor na Universidade de Estrasburgo, dirixiu un gran número de estudos arredor do mundo, particularmente en Francia, na África francófona e en Suramérica, para a mellora ou establecemento de comunicacións, o acondicionamento de vertentes, planos hidráulicos e explotación de recursos naturais. Creou tamén o Institut de Géographie Appliquée e foi membro da Unión Xeográfica Internacional. Entre as súas obras destacan Cours de Geomorphologie: introdution a la geomorphologie climatique (1958) e Geomorphologie applicable (1978).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Estrutura anatómica que é similar a unha polea.

    2. Eminencia articular, na parte interna da extremidade inferior do úmero, que forma unha especie de polea sobre a que xira o cúbito.

    3. Anel fibro-cartilaxinoso, na porción anterior e superior da parede interna da órbita, pola que se desliza o tendón do oblicuo superior do ollo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á tróclea.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Facer ruído co calzado ao andar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Signo para a diagnose da tetania, que se basea na aparición dun espasmo na man cando se comprime o brazo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político canadense. Primeiro ministro de Canadá (1968-1979 e 1980-1984), foi deputado (1965), ministro de Xustiza (1967-1968) e líder do Libertarian Party of Canada (1968). Contrario ao movemento independentista de Québec, o seu goberno caracterizouse polas tentativas de fortalecemento do poder federal e estableceu a independencia do sistema político canadense con respecto ao Parliament británico, reformando a constitución en 1982. En 1984 abandonou voluntariamente o poder e nomenou a John Turner como sucesor.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto. Foi autor do edificio dos laboratorios Sandoz de Orléans (1952-1955), do dos seguros Vaudoises de Lausanne (1956), do silo de gran de Renens, do edificio da casa Nestlé, en Vevey, e da sede da Organización Mundial da Saúde, en Xenebra, construída á súa morte (1962-1966).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor. Coñecido como Le Romain, traballou na decoración dos xardíns de Versailles (Le char d’Apollon, Le Rhône, La Saône), fixo a tumba da nai de Le Brun na igrexa de Saint-Nicolas de Chardonet e colaborou con A. Coysevox nos monumentos funerarios de Colbert, na igrexa de Saint-Eustache de París, e de Mazzarino no Institute de France de París.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital do judeţ homónimo, Romanía (95.957 h [estim 1999]), situada no inicio do delta do Danubio. É un centro pesqueiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Judeţ de Romanía (8.499 km2; 256.492 h [2002). A súa capital é Tulcea.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Propulsor de reacción que funciona grazas á exección dos gases resultantes de queimar, á presión, un combustible cun grande exceso de aire tomado do ambiente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Parte europea de Turquía, que se corresponde co extremo suroccidental de Tracia.

    VER O DETALLE DO TERMO