Tribunal de Xustiza das Comunidades Europeas

Tribunal de Xustiza das Comunidades Europeas

Corte de xustiza das Comunidades Europeas con sede en Luxemburgo. A súa misión consiste na aplicación e a recta interpretación dos tratados fundacionais e das normas legais das comunidades. Está formado por 15 xuíces e 9 avogados xerais, nomeados para un período de 6 anos de común acordo polos estados membros. Os xuíces designan entre eles ao presidente e están asistidos polos avogados xerais.