Tribunal do Subsidio de Cuarta
Tribunal do Subsidio de Cuarta
Institución encargada de recoller a cuarta parte das rendas ou froitos eclesiásticos dun ano, concedida polos papas aos reis dos reinos hispánicos para contribuír á defensa armada da fe católica contra os herexes ou infieis. Foi creado por bula papal en 1523 e substituíuse en 1560 polo subsidio de galeras ou contribución anual de 420.000 ducados coa finalidade de construír e armar 50 galeras, que o clero hispánico lle debía pagar ao rei.