Tribunal Europeo dos Dereitos Humanos

Tribunal Europeo dos Dereitos Humanos

Organismo, con sede en Estrasburgo, creado polo Consello de Europa para garantir o libre exercicio dos dereitos políticos e cívicos. Poden recorrer a el tanto os individuos como os estados asinantes da Convención Europea para a Salvagarda dos Dereitos do Home, creada en Roma en 1950. Antes de recorrer a el cómpre esgotar todas as instancias nacionais e ter presentado o caso perante a Comisión Europea dos Dereitos do Home.