Tribunal Revolucionario de París

Tribunal Revolucionario de París

Organismo xudicial de excepción creado en París durante a Revolución Francesa. Funcionou de 1793 a 1795, para xulgar os contrarrevolucionarios e os que atentaban contra a seguridade pública. Utilizaba procedementos sumarísimos, e as sentenzas eran executadas no prazo de 24 horas. Foi un dos instrumentos principais do Terror.