Tribunal de les Aigües de València
Tribunal de les Aigües de València
Tribunal que se reúne cada xoves de once a doce da mañá á porta da catedral de València a fin de analizar e resolver as diferenzas xurdidas entre os regadores da Horta valenciana, agás os beneficiados da laga de Montacada. Unha asemblea dos regadores de cada laga elixe un síndico, que vixía a repartición da auga e en tempos de seca distribúe a auga dispoñible. Oito síndicos forman o consello das lagas do Turia. O tribunal trata as denuncias das regas abusivas nun procedemento gratuíto, oral e sumarísimo, onde non participa o síndico da canle afectada. O catalán é a única lingua empregada no tribunal.