Tribunal de Garantías Constitucionales
Tribunal de Garantías Constitucionales
Organismo creado pola Constitución de 1931 da Segunda República Española para o control da constitucionalidade das leis e que entendía dos recursos de inconstitucionalidade destes. Estaba formado por un presidente, que nomeaba as Cortes, o presidente do alto corpo consultivo da República, o presidente do Tribunal de Contas, dous deputados elixidos polas Cortes, dous avogados e catro profesores de dereito.