Tribunal de Contas Europeo

Tribunal de Contas Europeo

Institución comunitaria que ten a función principal de fiscalización ou control das contas da Unión Europea. Creouse o 5 de abril de 1977 por decisión dos representantes dos gobernos dos estados membros, e entrou en funcionamento o 25 de outubro do mesmo ano. A súa sede está en Luxemburgo. Está composto por 12 membros, elixidos por 6 anos polo Consello da UE, que exercen as súas funcións con absoluta independencia e en interese xeral da UE. Ditos membros, durante o seu mandato, non poden exercer ningunha outra actividade profesional, retribuída ou non. Este tribunal examina as contas da totalidade dos ingresos e gastos da UE, e tamén os de calquera organismo creado por ela. Asemade, examina a legalidade e a regularidade destes ingresos e gastos, e garante unha correcta xestión financeira.