Tribunal da Sinatura Apostólica
Tribunal da Sinatura Apostólica
Tribunal supremo eclesiástico de casación constituído por seis cardeais elixidos polo papa, que xulga normalmente cuestións sobre violación do segredo por parte de auditores da Rota ou sospeitas sobre a súa actuación, nulidade das súas sentenzas, conflitos de competencia entre tribunais eclesiásticos menores e outras causas. A súa denominación provén da sinatura que estampaba o papa nos documentos de resposta.