"eo" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 3592.
-
PERSOEIRO
Xefe israelita. Reuniu as tribos do centro e do norte de Palestina para defenderse das incursións madianitas, pero non transformou a confederación nun estado.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente ás xencianáceas.
-
Planta da familia das xencianáceas.
-
Familia de plantas dicotiledóneas, composta por arbustos, árbores, lianas e herbáceas, anuais ou perennes, e desprovistas de clorofila. Presentan follas opostas e enteiras, as flores son actinomorfas con estames soldados á corola e froito en cápsula. Habitan en zonas de clima temperado, en gran variedade de medios.
-
-
-
-
Auga en estado sólido. É incoloro, aínda que adoita parecer branco debido ás burbullas de aire que contén no interior, e en grandes masas presenta unha cor azulada. Pode darse con distintas estruturas cristalinas, aínda que na natureza só aparece como xeo ordinario de estrutura hexagonal. Ten unha densidade de 0,917 g/m 3 , inferior á da auga, o que explica que aboie e que aumente de volume ao cristalizar. É un axente erosivo moi importante.
-
xeo seco
neve carbónica.
-
-
Indiferenza na relación que se mantén cunha persoa.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Forma prefixada de orixe grega que se emprega na formación de palabras co significado de ‘terra’.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Parte da bioloxía que estuda as relacións entre a evolución xeolóxica do planeta, a orixe da composición físico-química e de evolución da materia viva.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organismo que habita no humus.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Parte da botánica que estuda os aspectos descritivos e causais da distribución xeográfica dos vexetais. O seu campo de estudo coincide parcialmente cos da fitoxeografía e a ecoloxía.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Maduración dos froitos baixo terra.
-
-
Relativo ou pertencente ao xeocentrismo.
-
Relativo ou pertencente á latitude e lonxitude dun planeta visto desde a terra.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sistema astronómico, sostido por Ptolomeo, que considera que a Terra está situada no centro do Universo, con todos os astros xirando arredor dela.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Ciencia que estuda a idade das rochas e dos minerais, mediante datacións absolutas, a partir da idade doutras rochas ou de fenómenos xeolóxicos (datación relativa). Os tempos xeolóxicos comezan a contar no momento en que na terra sedimentou a masa presente, que probablemente coincida co momento no que se formou a codia terrestre, e acaba no momento actual. Hai dous tipos de unidades para medir os tempos xeolóxicos: as unidades cronoestratigráficas (baseadas na estratigrafía e no paleomagnetismo), e as unidades xeocronolóxicas ou unidades de tempos medidos en anos (baseados nos isótopos radioactivos). As principais unidades xeocronolóxicas son de maior a menor: eón, era, período, época, idade e crono, e as súas correspondentes unidades cronoestratigráficas son eontema, eratema, sistema, serie, piso e cromozona.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cavidade dunha rocha que presenta as paredes recubertas de substancias cristalinas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Parte da xeofísica que estuda as dimensións e a forma da Terra, así como o campo gravitacional, valéndose de ferramentas como a triangulación, a nivelación, a astronomía xeodésica ou a gravimetría. A hipótese da Terra plana sobreviviu ata a revolución copernicana do s XVI. Os primeiros intentos científicos de medir as dimensións do globo terráqueo realizounas Eratóstenes (s III a C), que calculou que o meridiano terrestre tiña 40.000.000 metros, valor moi próximo ao aceptado actualmente. Ata o s XVII pensouse que a Terra era unha esfera perfecta, pero actualmente acéptase a idea de que se trata dun elipsoide de revolución cunhas dimensións que varían segundo os autores.
-
-
Relativo ou pertencente á xeodesia.
-
Aplícase á liña de mínima lonxitude que, unindo dous puntos dados, está contida na mesma superficie que os dous puntos. Por exemplo, a xeodésica do plano son rectas, e a da circunferencia círculos máximos.
-
Método xeodésico que utiliza os astros para determinar a posición dun punto.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Parte da xeoloxía que se encarga do estudo das modificacións que experimenta a estrutura da codia terrestre. Os axentes xeolóxicos que producen estas modificacións poden ser externos á codia terrestre (xeo, augas superficiais) ou internos á terra (vulcanismo, sismoloxía).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Parte da xeofísica que estuda as propiedades e os fenómenos eléctricos que ocorren na Terra, principalmente os atmosféricos e os naturais do solo terrestre.
-
-
Relativo ou pertencente á órbita dun satélite xeoestacionario.
-
Satélite xeosincrónico de órbita circular, ecuatorial e do mesmo sentido de xiro que o da Terra, que se mantén nunha posición inmóbil sobre a zona terrestre en que foi situado. A altitude da órbita xeoestacionaria é duns 35.800 km.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que ou quen practica a xeofaxia.
-
-
Tipo de alimentación de certos animais en que se inxire terra para asimilar os produtos que esta contén.
-
Hábito morboso de comer terra ou materiais similares.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Ciencia que estuda a totalidade da Terra desde o centro ata a atmosfera superior, aplicando os métodos da física. É unha das ciencias da Terra máis recentes, e adoita dividirse en: xeodesia, xeoelectricidade, xeomagnetismo, xeotermometría, gravimetría, hidrografía, meteoroloxía, oceanografía, sismoloxía e vulcanoloxía.