xeo

xeo

(< lat gelu)

    1. s m [QUÍM/XEOL]

      Auga en estado sólido. É incoloro, aínda que adoita parecer branco debido ás burbullas de aire que contén no interior, e en grandes masas presenta unha cor azulada. Pode darse con distintas estruturas cristalinas, aínda que na natureza só aparece como xeo ordinario de estrutura hexagonal. Ten unha densidade de 0,917 g/m 3 , inferior á da auga, o que explica que aboie e que aumente de volume ao cristalizar. É un axente erosivo moi importante.

      Sinónimos: xío.
    2. xeo seco [QUÍM]

      neve carbónica.

  1. s m

    Indiferenza na relación que se mantén cunha persoa.

    Sinónimos: xío.