"AND" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 3994.

    1. Relativo ou pertencente a Rwanda ou aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante de Rwanda.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xornalista. Fundou os xornais herculinos El Telégrafo (1843), El Coruñés (1843) e El Vigilante (1843), que mantiveron unha tendencia progresista moderada. En 1849 promoveu a aparición de El Fomento de Galicia, de curta duración como os anteriores. Como redactor participou en El Vigilante, El Diario de La Coruña, La Ilustración ou El Avisador, entre outros. Dedicouse aos negocios industriais e ao comercio e no apartado político foi deputado provincial e alcalde da cidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor ruso. Monxe do mosteiro da Santísima Trindade de Zagorsk, onde foi discípulo de san Serxio de Radonež, pasou despois ao de Santo Andrónico, en Moscova. Decorou ao fresco os interiores da catedral da Dormición (Uspenskij sobor) en Vladimir e da catedral da Anunciación (Blagoveščenskij sobor) no Kremlin de Moscova, estes con Teófanes o Grego. Pintou tamén a iconóstase da catedral da Dormición de Zvenigorod. Destacan as súas iconas Salvador (1400?), O arcanxo san Miguel (1400?) e A Trindade (1411?), ás que imprimiu dun ton de dozura e humanidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político ruso. Vicepresidente da Federación Rusa e aliado de Boris N. Jelcin ata 1993, presentouse ás eleccións lexislativas de 1995 como xefe da formación Derjava, e nas presidenciais de 1996 apoiou o comunista Guennadi Ziuganov. Foi elixido gobernador de Kursk (1996).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Política. Ingresou en Alianza Popular en 1982, foi deputada no Congreso dos Deputados (1986-1996; 2000-2004) e nas Cortes de Aragón (1983-1986) e alcaldesa de Zaragoza (1995-2000). Foi a primeira muller que presidiu o Congreso de los Diputados (2000-2004). En 2004 foi elixida deputada europea.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Nobre, VI conde de Lemos, III marqués de Sarria e grande de España, fillo de Pedro Fernández de Castro Andrade e Portugal, V conde de Lemos. Foi embaixador de Filipe II en Portugal (1577), comandante xeral das tropas de Galicia con motivo do cerco inglés á Coruña (1589) e capitán xeneral e vicerrei de Nápoles (1598). Defendeu a restitución do voto en Cortes do Reino de Galicia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Nobre, VIII conde de Lemos, V marqués de Sarria e grande de España, fillo de Fernando Ruiz de Castro Andrade e Portugal. Membro da orde de Santiago (1598), foi lugartenente de Nápoles durante as ausencias do seu pai e do seu irmán, Pedro Fernández de Castro Andrade e Portugal, VII conde de Lemos. Foi embaixador en Venecia (1606) e Roma (1609) e vicerrei e capitán xeneral de Sicilia (1616). Participou na defensa da Coruña ante un posible ataque inglés en 1625 e ao ano seguinte entrou no Consello de Estado de Filipe II. En 1629 renunciou aos seus títulos e ingresou na orde beneditina.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Nobre, XI conde de Lemos, VIII marqués de Sarria e grande de España. Foi capitán xeneral das galeras de Nápoles (1692), vicerrei de Sardeña e xentilhome de cámara de Carlos II e Filipe IV. Recibiu o Toisón de Ouro (1692). Foi o derradeiro home da liñaxe dos Castro na casa de Lemos e sucedeuno a súa sobriña Rosa María de Castro e Centurión.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Nobre, IV conde de Lemos, I marqués de Sarria e grande de España. En 1543 Carlos I concedeulle como primoxénito da casa de Lemos o marquesado de Sarria e en 1553 nomeouno embaixador cerca da Santa Sé, cargo que lle renovou Felipe II.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Nobre, fillo de Pedro Fernández de Castro, señor de Monforte de Lemos, e irmán de Inés de Castro e de Xoana de Castro, muller de Pedro I de Castela. Foi mordomo e alférez maior do rei, e adiantado e alférez maior de Galicia e Asturias. En 1354 capitaneou un alzamento nobiliario contra Pedro I, para logo sumarse á causa do rei castelán, que o fixo conde de Trastámara, Lemos, Sarria e Castrojeriz. Tras a Batalla de Montiel (1369) trasladouse a Portugal desde onde continou a loita contra Enrique de Trastámara

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Mestre de arquitectura. Xesuíta, dirixiu as obras do Colexio da Compañía de Xesús en Monforte de Lemos, iniciado en 1592 e do que probablemente deu as trazas, e do Seminario de Lugo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Eclesiástico anglicano. Bispo de Saint Albans (1970-1980), foi arcebispo de Canterbury e primado da Igrexa Anglicana (1980-1991). Interesado polo ecumenismo, mantivo contactos cos católicos e cos ortodoxos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Químico alemán. Considerado o creador da cromatografía sobre papel, descubriu o pirrol, a anilina, o efecto da beladona e estudou a composición da materia. Publicou Farbenchemie (1834-1850), en 3 volumes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Filósofo, lóxico e pacifista británico. A súa primeira obra destacada, Principia Mathematica (1910-1913), teoría do tipo, deu resposta á grave crise de fundamentos que afectaba á teoría de conxuntos. O seu pensamento é coñecido co nome de atomismo lóxico. En filosofía moral e social tratou as contradicións entre o individuo e o socialismo, liberdade e orde, progresismo e pesimismo, mantendo actitudes próximas ao emotivismo en ética e socializantes en materia política. Oposto á carreira de armamento nuclear e á violencia, foi presidente do tribunal que xulgou os crimes de guerra de Vietnam. Da súa produción destacan The Analysis of Mind (1921), The Analysis of Matter (1927), Education and the Social Order (1932), Freedon versus Organization: 1814-1914 (1934), Inquiry into Meaning and Truth (1940), Physics and Experience (1945), Human Knowledge (1948), Logic and Knowledge (1956) e My Philosophical Development...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • DISTRITOS

    Distrito unitario de Inglaterra, Reino Unido (394 km2; 34.563 h [2001]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ENTRADA LARGA

    Estado de África centroriental que limita ao N con Uganda, ao L con Tanzania, ao S con Burundi e ao O coa República Democrática do Congo (26.338 km2; 8.162.715 h [2002]). A súa capital é Kigali.
    Xeografía física
    Situado na rexión dos Grandes Lagos Africanos, o país esténdese sobre un altiplano cunha altitude media de entre 1.500 e 2.000 m, onde se sitúan numerosos lagos. Todo o país se atopa moi fracturado e no NO sobresae unha cadea de volcáns que culmina no Karisimbi (4.507 m). A rede hidrográfica está composta polo lago Kivu, o río Kagera, que dá nacemento ao Nilo, e numerosos lagos nas zonas montañosas. O clima é subecuatorial temperado pola altitude, con chuvias moi abundantes. A temperatura media é de 26°C e as precipitacións varían entre os 800 mm no L do país e os 2.000 no O. A vexetación predominante é a sabana. Os bosques, abundantes noutros tempos, están reducidos a pequenas zonas na rexión do lago Kivu. Na montaña hai...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • TERRITORIOS

    Territorio de África Oriental baixo o mandato (1916-1946) e o fideicomiso belga (1946-1962), que se converteu, en 1962, nos estados de Rwanda e Burundi.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Industrial británico. Fundador e director de manufacturas téxtiles de algodón en Manchester, a súa dona fundou a John Rylands Library, que contén manuscritos miniados, papiros e edicións prínceps gregas e latinas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Bernardo de Sá Nogueira Figueiredo.

    VER O DETALLE DO TERMO