Rubl’ov, Andrej

Rubl’ov, Andrej

Pintor ruso. Monxe do mosteiro da Santísima Trindade de Zagorsk, onde foi discípulo de san Serxio de Radonež, pasou despois ao de Santo Andrónico, en Moscova. Decorou ao fresco os interiores da catedral da Dormición (Uspenskij sobor) en Vladimir e da catedral da Anunciación (Blagoveščenskij sobor) no Kremlin de Moscova, estes con Teófanes o Grego. Pintou tamén a iconóstase da catedral da Dormición de Zvenigorod. Destacan as súas iconas Salvador (1400?), O arcanxo san Miguel (1400?) e A Trindade (1411?), ás que imprimiu dun ton de dozura e humanidade.

Cronoloxía

  • Nacemento

  • Deceso

    Lugar : Moscova