"CIO" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 4772.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Partido comunista do Estado español creado, en 1969, como froito da radicalización do grupo obreiro católico Acción Sindical de Trabajadores, que existía en Madrid desde 1963. Foi unha organización maoísta, prochinesa e antisoviética e, desde 1977, impulsou o Sindicato Unitario.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sistema sindical de carácter vertical vixente en España durante o Franquismo. O Fuero del Trabajo (1938) uniu nun organismo unitario todas as ramas da produción en sindicatos verticais baixo a dirección do Estado. Posteriormente, disoltas as antigas sindicais obreiras libres, empresarios e traballadores integráronse nunha única sindical. Desapareceu en 1976 no marco da transición á democracia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Conxunto de organizacións privadas que teñen como obxectivo elaborar e executar plans de pesca, concentrar a oferta, regular os prezos, mellorar a calidade e actuar como empresas. Deben constituírse por libre iniciativa dos produtores e foron creadas para adaptar a normativa á entrada na Comunidade Económica Europea. Foron reguladas por primeira vez en 1970.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Conxunto de asociacións de confesión católica e maioritariamente laicas que se caracteriza por un obxectivo apostólico, realizado a nivel internacional en tanto que institucións específicas e que, como tales, son recoñecidas e inscritas pola Santa Sé, que intervén tamén na aprobación de estatutos e nomeamentos de presidentes e conselleiros. Moitas gozan dun estatuto consultivo ante a ONU, a UNESCO, a FAO ou o Consello de Europa.
-
-
Acción e efecto de orientar ou orientarse.
-
-
Determinación da posición dunha persoa ou cousa con relación aos puntos cardinais. Para atopala cómpre observar a posición do Sol durante o día ou a estrela polar durante a noite no hemisferio norte, ou a constelación da Cruz do Sur no hemisferio austral, aínda que normalmente se utiliza o compás.
-
Capacidade de determinar a posición do lugar onde se atopa unha persoa ou cousa.
-
-
-
Consello, axuda ou suxestión que dá alguén sobre algo.
-
orientación escolar
Proceso mediante o que se suxire e aconsella sobre as posibles solucións aos problemas polos que atravesa un alumno ou centro escolar.
-
orientación profesional
Proceso polo que unha persoa ou institución aconsella a outra sobre a elección da súa profesión. Esta orientación adoita ser facilitada por psicólogos que avalían os intereses, as motivacións e a capacidade do seu cliente por medio de conversas e da aplicación de tests de intelixencia e personalidade, entre outros.
-
-
Dirección ou tendencia que presenta unha cousa ou unha persoa na súa conduta para alcanzar uns fins determinados.
-
Indicación ou determinación do camiño a seguir.
-
...
-
-
PUBLICACIÓNS
Publicación aparecida na Coruña a partir do 6 de maio de 1934. Baixo o subtítulo “Órgano defensor de los empleados de notarías de España”, saíu mensualmente editada pola Asociación de Empleados de Notarías da Coruña. Funcionou como voceiro para a resolución dos problemas laborais e económicos deste colectivo e como método de presión para acadar a creación dun Corpo de Auxiliares de Notarías.
VER O DETALLE DO TERMO -
PUBLICACIÓNS
Publicación aparecida en abril de 1936 que actuou como voceiro do Sindicato Único del Ramo de la Construción de Coruña, integrado na CNT coruñesa durante a Segunda República. De periodicidade mensual, foi dirixida por Vicente Díaz Veiga.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Boletín publicado na Coruña a partir de xuño de 1943 ata 1986. Subtitulado “Boletín de la Cámara Oficial de Comercio, Industria y Navegación de La Coruña”, foi dirixido por Antonio Taboada Arceo e Manuel San Vicente Linares, e ata 1985 tivo unha periodicidade mensual. A partir de xuño de 1985 comezou unha segunda época caracterizada pola modernidade no deseño e rico contido informativo. Dirixida por Federico G. Martín Palmero e editada nos obradoiros de La Voz de Galicia, pasou a ser trimestral.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Revista publicada en Bos Aires a partir do 2 de xaneiro de 1962. Apareceu co lema “Todo por la libertad y la democracia”, baixo a dirección de Cándido A. González. Foi o órgano de expresión da Unión Federal Gallega Democrática, orientada a acadar a unión das colectividades galegas na defensa da democracia, a república e a autonomía galega fronte a Franco e o comunismo. Incluíronse textos de Castelao, Vicente Risco, Suárez Picallo e Ben-Cho-Shey.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción e efecto de orientalizar ou orientalizarse.
-
-
Pequeno burato que forma a entrada dunha cavidade.
-
Abertura de entrada ou saída dun conduto ou dunha cavidade corporal.
-
-
-
Acción e efecto de ornamentar.
-
-
Conxunto de elementos que serven para ornamentar.
-
Conxunto de pezas ou elementos accesorios que se utilizan para embelecer unha obra de arte, xeralmente arquitectónica. Baseouse xeralmente en dous procedementos estilísticos: un, de espírito abstracto e ornamentación xeométrica, que caracterizou a decoración primitiva e que deixou pegada nunha ampla arquitectura. As formas primitivas, orixinadas ao principio polo material adoptado e polo procedemento seguido, deron lugar aos temas xeométricos (grecas, cruces, dentes de serra, dados) presentes na arquitectura desde a arte exipcia ao neoclasicismo. O outro tipo de adorno que aparece ininterrompidamente ten o fundamento na imitación de formas vexetais e na vontade de converter elementos efímeros en esquemas estables (grilandas, follas, floróns). Neste tipo inclúese tamén a tendencia que utiliza formas vexetais e as veces animais e humanas, non só como motivo ornamental senón para dar vida a estruturas funcionais, principalmente columnas. Plasticamente, en ambos os dous procedementos, o soporte...
-
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antropónimo masculino que ten a súa orixe no latín orontius ‘sirio, de siria’, xentilicio de Orontes, río de Siria e por metonimia, a propia Siria. Tamén hai quen opina que se trata dun nome de orixe persa, probablemente derivado do avéstico aurwand- ‘heroe’, que levaba un personaxe real morto por Ciro.
-
VER O DETALLE DO TERMO
santo (? - Girona 604) Mártir. Foi martirizado en Girona xunto con Vicente e Vítor. A súa festividade celébrase o 22 de xaneiro.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Mártir. Foi martirizado na cidade italiana de Lecce, da que é o patrón. A súa festividade celébrase o 26 de agosto.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción e efecto de orquestrar.
-
PERSOEIRO
Empresario. En 1963 fundou Confecciones GOA dedicada á confección de batas con ombreiras fabricadas con menos custos, distribuídas e vendidas directamente a prezos menores ca a competencia, e en 1975 inaugurou a primeira tenda Zara na Coruña. Expandiu os seus negocios da rama téxtil por todo o mundo. O alto volume de negocios das súas empresas levouno á creación de Inditex (1985), grupo que preside e que en 2001 comezou a súa cotización no mercado bolsista. A través doutras sociedades participa tamén en empresas doutros sectores, como o eléctrico e a construción. En 2001 creou a Fundación Amancio Ortega, que ten como finalidade o desenvolvemento e modernización dos procesos de ensino e a incorporación de tecnoloxías avanzadas nos centros escolares.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Festival de música folk creado en 1978 por iniciativa da Escola de Gaitas de Ortigueira coa intención de dar a coñecer a música de raíz dos países con orixe celta e fomentar a cultura tradicional. Desde a terceira edición, en 1980, acolle grupos procedentes de Escocia, Irlanda, Bretaña, Suecia ou Gales. Despois de sufrir unha interrupción (1986-1995), volveuse celebrar grazas á financiación municipal e á axuda de diversos patrocinadores. Desde aquela, o certame evolucionou ata converterse nunha referencia a escala mundial dentro do ámbito da música celta. Nas súas diferentes edicións actuaron artistas e grupos tan relevantes como The Chieftains, Alan Stivell, Carlos Núñez, X. M. Budiño, Värtinä, Altan ou Hedningarna.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nun espazo vectorial, de dimensión finita e dotado dun produto interno, proceso que permite determinar unha base ortogonal.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Ortogonalización que determina unha base ortogonal e normal.