ornamentación

ornamentación

(< ornamentar)

  1. s f

    Acción e efecto de ornamentar.

  2. s f
    1. Conxunto de elementos que serven para ornamentar.

      Sinónimos: ornamento, ornato.
    2. [ARTE]

      Conxunto de pezas ou elementos accesorios que se utilizan para embelecer unha obra de arte, xeralmente arquitectónica. Baseouse xeralmente en dous procedementos estilísticos: un, de espírito abstracto e ornamentación xeométrica, que caracterizou a decoración primitiva e que deixou pegada nunha ampla arquitectura. As formas primitivas, orixinadas ao principio polo material adoptado e polo procedemento seguido, deron lugar aos temas xeométricos (grecas, cruces, dentes de serra, dados) presentes na arquitectura desde a arte exipcia ao neoclasicismo. O outro tipo de adorno que aparece ininterrompidamente ten o fundamento na imitación de formas vexetais e na vontade de converter elementos efímeros en esquemas estables (grilandas, follas, floróns). Neste tipo inclúese tamén a tendencia que utiliza formas vexetais e as veces animais e humanas, non só como motivo ornamental senón para dar vida a estruturas funcionais, principalmente columnas. Plasticamente, en ambos os dous procedementos, o soporte condiciona a composición. A arte contemporánea tendeu a menosprezar calquera elemento ornamental e exaltou, pola contra, tanto a calidade dos materiais en bruto coma a das formas puras.

      Sinónimos: ornamento.

Palabras veciñas

Ormonde, condado e ducado de | Ōrmuz | Ormuz Hormuz | ornamentación | ornamental | ornamentar | ornamentista