Ormonde, condado e ducado de
Título da familia angloirlandesa dos Butler. Foi condado desde 1328, marquesado a partir de 1642 e ducado desde 1682. James Butler (1305-1338) recibiu o título de conde de Ormonde de mans de Eduardo III de Inglaterra. Desde entón a liñaxe ocupou cargos de importancia no goberno inglés de Irlanda e xeralmente foron leais á coroa inglesa. Destacou James Butler (1610-1688), XII conde e I duque de Ormonde, que foi membro do futuro Carlos II. Foi gobernador xeral de Irlanda e esforzouse por desenvolver o comercio e a industria irlandesa. O seu neto James Butler (1665-1745), II duque de Ormonde, foi un dos homes máis poderosos da administración tory de Inglaterra; foi gobernador xeral de Irlanda (1703-1707 e 1710-1713) e xefe das forzas británicas que loitaron na Guerra de Sucesión Española (1711).