ornamento
(< lat ornamentu)
-
s
m
Elemento que se utiliza para embelecer unha cousa ou persoa.
Sinónimos: adorno, ornato. -
s
m
-
Conxunto e colocación das cousas que adornan un lugar.
-
[ARTE]
ornamentación.
-
-
s
m
[MÚS]
Conxunto de notas, improvisadas ou previstas, que figuran nunha partitura musical como engado ou embelecemento dunha liña melódica, sen alterala. O ornamento pode ir indicado por signos na partitura ou estar completamente escrito no texto musical, e pode ser melódico, cando se aplica a notas individuais, ou de transición, cando se aplica a toda a melodía.
-
ornamentos litúrxicos
[INDUM/RELIX]
estidos propios dos ministros do culto cos que se revisten durante as celebracións litúrxicas. Non se atoparon propiamente no cristianismo ata o s V. A introdución de novas modas coa invasión dos pobos xermánicos estivo na base das prescricións eclesiásticas (ss VII-VIII) sobre o mantemento dos antigos vestidos romanos para o culto. A actual diferenciación dos vestidos litúrxicos apareceu no s XI segundo os diversos graos da orde sagrada. A evolución das formas, debida aos bordados e as pedrerías, provocou que os vestidos fosen ornamentos e perderan a flexibilidade e incluso a mesma forma (s XII). Contemporaneamente volveuse ás formas antigas e nalgunhas comunidades propugnouse a súa abolición. A pesar dunha certa marxe de liberdade en canto ao uso, a forma e a cor, os ornamentos para a misa son: amito, alba, cíngulo, estola e casula ou túnica. O diácono leva a dalmática no canto da casula e nos oficios pontificais, o bispo leva ademais a mitra e o báculo. Noutras accións litúrxicas utilízase o roquete ou sobrepeliz e a capa pluvial. A casula, a estola, a dalmática e a capa varían de cor segundo o tempo litúrxico.