"To" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 13838.

  • Congregación italiana pertencente á regra de santo Agostiño que peregrinou no s XIII a Santiago de Compostela e que fundou un hospital para peregrinos en Sarria.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Congregación de monxes beneditinos creada trala fundación do mosteiro de San Benito de Valladolid en 1390, baixo a protección de Xoán I. Agrupou os mosteiros e abadías beneditinas en Galicia e Castela e León baixo a autoridade dun superior xeral, elixido durante o Capítulo da orde, feito que marcou o comezo dunha etapa de esplendor do monacato nestes territorios. Os mosteiros galegos, cos seus correspondentes priorados, incorporáronse á congregación entre 1493, data na que se adheriu San Martiño Pinario, e 1547, na que se incorporou San Xoán de Poio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Reducido a fragmentos pequenos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Unido a outro dende o nacemento.

    2. Aplícase ás estruturas orgánicas que naceron xuntas e se presentan unidas ou soldadas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Masa de rochas intrusivas de forma irregular que, a diferenza dun batolito, non presenta un contacto ben definido senón imbricado coas rochas encaixantes, que aparecen quebradas e repregadas pola presión do magma ascendente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Marqués de Monferrato (1188?-1192), señor de Tiro (1187-1192) e rei electo de Xerusalén, fillo e sucesor de Guillerme III de Monferrato. Axudou a Isaac II Ánxelo na loita contra os xermanos e casou coa súa irmá Teodora, da que se separou pouco despois. Entrou en Tiro en 1187 e, trala defensa do sitio de Saladino, tomou posesión da cidade. Casou en 1190 con Isabel de Anjou, raíña de Xerusalén, pero tivo que vencer, coa axuda de Filipe II Augusto de Francia, a resistencia do rei consorte Guido de Lusignan, apoiado por Ricardo I de Inglaterra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Título aplicado aos senadores romanos ou patres conscripti. Esta fórmula interpretouse de dous xeitos fundamentais: como patres, senadores patricios e plebeos inscritos nas listas senatoriais, ou tamén como conscripti, a designación de todos os senadores inscritos nas listas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Órgano político que durante o franquismo asumiu a representación colexiada do Movimiento. Institucionalizado polo Decreto do 31 de xullo de 1939 e, denominado inicialmente Consejo Nacional de FET y de las JONS, o seu nome e as súas funcións definitivas apareceron na Lei de Principios del Movimiento Nacional (1958). Entre as súas funcións estaban as de trazar as liñas fundamentais da estrutura do Estado e do Movimiento, e responder as grandes cuestións nacionais e internacionais que lle formulase o xefe do Estado. O xeneral Franco, como xefe nacional do Movimiento, convocábao e presidíao.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Acción de consentir.

      2. Fórmula coa que se manifesta esa aprobación.

    1. Conformidade da vontade das partes dun contrato que, partindo de intereses diversos, se dirixen a un fin común. Constitúe un dos elementos principais do contrato. Para que se conceda o consentimento debe existir: pluralidade de partes, capacidade para contratar, existencia de vontade consciente e libre, e declaración expresa ou tácita. Hai dous tipos: expreso, cando se manifesta por escrito, de palabra ou doutra forma inequívoca; e tácito, cando se presupón polo silencio amosado. Non ten validez cando existen vicios internos ou limitacións legais, ou vicios externos que limiten a liberdade ou a consciencia.

    2. Acordo universal sobre certas proposicións, considerado como unha proba da súa veracidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Establecemento oficial destinado a fomentar e aprender diversas artes, como a danza, a declamación, a música e o teatro. No campo musical, a súa orixe vincúlase ás institucións benéficas italianas para orfos (s XV) nas que, ademais de albergar os rapaces, se ofrecía a formación necesaria para a súa integración na sociedade, e da que formaba parte a educación musical, que facilitaba a participación dos alumnos nos cantos da liturxia. En Venecia recibiron o nome de ospedali (‘hospitais’); un dos máis importantes foi o Ospedale della Pietà, onde ensinou Antonio Vivaldi e compuxo gran parte da súa produción (concertos e obras sacras), para que as interpretasen as orfas desta institución. A finais do s XVI e comezos do s XVII, a música era a actividade principal de moitos dos orfanatos de Nápoles e Venecia, pero a finais do s XVIII estes centros experimentaron un declive e moitos deles pecharon. En 1795 fundouse en París o Conservatoire Nationale de Musique, que serviu de modelo a outras...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Agrupación cultural creada na Coruña en 1919 pola Irmandade da Fala desa cidade co obxectivo de fomentar a cultura galega, fundamentalmente nos campos musical e teatral. A sección de declamación dirixiuna inicialmente Fernando Osorio Docampo, formado no Conservatório Superior de Lisboa. Non tardaron en aparecer as discrepancias respecto da orientación artística da compañía, pois existían notables diferencias entre os que defendían unha liña costumista, baseada nas esencias populares da cultura galega, e os que apostaban por unha renovación radical da escena. Constituíu a primeira tentativa de facer un teatro galego profesional e partía da necesidade de acometer a posta en escena de textos clásicos da literatura dramática universal como The merry wives of Windsor (As alegres casadas de Windsor), de William Shakespeare, un espectáculo que sumado a A man de Santiña, presentado en abril de 1919 sobre un texto de Cabanillas, ou a Donosiña, proposta que nacía dun texto de Xaime Quintanilla, permitiría...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Teórico do socialismo e político francés. Entusiasta das ideas de Fourier, en 1832 deixou a carreira militar para dedicarse á propagación das súas ideas. O seu pensamento superaba a desconfianza de Fourier na industria e permanecía politicamente aberto a posturas máis revolucionarias. Deputado (1848-1849), interveu nas revolucións deses anos e tivo que exiliarse. Durante a súa estadía nos EE UU fundou a comuna La Réunion (1855-1857), preto de Dallas. De novo en París, adheriuse á Primeira Internacional e tomou parte directa na Comuna de París. Dirixiu as publicacións Le Phalanstère, La Phalange e Démocratie pacifique. Escribiu Destinée sociale (Destino social, 1834-1844) e Principes du socialisme (Principios do socialismo, 1847).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente a un consistorio.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Consello e tribunal privado dos emperadores romanos, coñecido tamén como consistorium ou consilium principis. Reuníase para asesorar o gobernante en materia lexislativa e administrativa. No goberno do Emperador Adriano sufriu algunhas modificacións, recibiu atribucións xudiciais e fixouse unha organización estable. O Emperador Diocleciano cambiou a súa organización, presidida dende aquela polo vicarius a consiliis sacris e composto polo cuestor do palacio, o xefe do servicio, os ministros de finanzas e os comites. Despois desta reorganización recibiu o nome de sacrum consilium.

    2. Consello solemne de cardeais e outros dignatarios pontificios presididos polo papa. A medida que as congregacións de cardeais se ían transformando nas actuais congregacións da curia, converteuse nunha cerimonia formularia na que se proclamaba o nomeamento de bispos, arcebispos e cardeais, e se decidía oficialmente as canonizacións.

      1. Conxunto dos edís dun concello. Tamén se denomina corporación municipal.

      2. Edificio público onde se reúne a corporación municipal e que serve de sede principal dos seus órganos administrativos. Tamén se denomina casa do concello.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e economista. Formouse no Instituto Superior de Economia e na Universidade de Bristol. Membro do Partido Socialista (PS) dende 1975, foi o seu secretario xeral (1986-1988) e presidente da Unión dos Partidos Socialistas e Socialdemócratas da Comunidade Europea (1987). Ocupou diversos cargos nos gobernos provisionais no eido das finanzas e da planificación económica (1975-1976). Deputado entre 1976 e 1991, foi ministro de Facenda (1978-1979) e gobernador do Banco de Portugal (1985-1986). Presidiu a iniciativa Lisboa 94, Capital Européia da Cultura. Escribiu Coerência e rigor. Actualmente, é o vicepresidente do Banco Central Europeo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Emperador bizantino (668-685), fillo de Constante II. Ao chegar ao poder enfrontouse ás sublevacións en Sicilia e á insurrección militar en Asia Menor, que finalmente someteu. Rexeitou os intentos dos árabes de penetrar en Constantinopla entre os anos 674 e 678, pero non puido evitar a invasión da África bizantina. Despois da conquista de Mesia (679) polos búlgaros, emprendeu unha campaña contra eles con pouca fortuna. En materia relixiosa, convocou o III Concilio de Constantinopla, sexto ecuménico (680-681), que condenou o monotelismo e permitiu restablecer a unidade relixiosa coa sé de Roma.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Publicacións que conteñen unha serie de prescricións canónicas, litúrxicas e morais de orixe apostólica. Comprenden oito libros. Elaboradas, probablemente en Siria a finais do s IV, consérvanse no texto orixinal grego.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que causa constrición.

    2. Aplícase ao músculo que ten a capacidade de pechar un conduto ou orificio.

    3. Medicamento que se emprega para diminuír o diámetro de certos condutos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de constrinxir.

    2. Procedemento ou conxunto de normas que determinan a actuación xudicial con vista á execución dunha sentencia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Hipótese formulada sobre obxectos, propiedades e relacións non accesibles á observación directa. Na lóxica moderna da ciencia diferénciase unha fase de observación (empírica) dunha fase de construtos, á que pertencen conceptos como fonema, transformación e competencia.

    VER O DETALLE DO TERMO