Congregación de San Benito El Real de Valladolid
Congregación de San Benito El Real de Valladolid
Congregación de monxes beneditinos creada trala fundación do mosteiro de San Benito de Valladolid en 1390, baixo a protección de Xoán I. Agrupou os mosteiros e abadías beneditinas en Galicia e Castela e León baixo a autoridade dun superior xeral, elixido durante o Capítulo da orde, feito que marcou o comezo dunha etapa de esplendor do monacato nestes territorios. Os mosteiros galegos, cos seus correspondentes priorados, incorporáronse á congregación entre 1493, data na que se adheriu San Martiño Pinario, e 1547, na que se incorporou San Xoán de Poio.