"CIO" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 4772.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción e efecto de paliar.
-
-
Acción de palpar.
-
Método de exploración táctil e diagnose que consiste en aplicar os dedos ou a cara anterior da man sobre unha superficie corporal, facendo nela a presión necesaria para poder apreciar determinadas calidades dos órganos subxacentes (consistencia, mobilidade, vibración e outras) ou para descubrir tumoracións ou outras irregularidades.
-
-
-
Acción de palpitar.
-
Sensación consciente do latexo do corazón percibida na área precordial como unha sensación molesta para o paciente. OBS: Adoita empregarse en plural.
-
-
Estado de arritmia cardíaca cun mínimo de 300 impulsos por minuto, sen que todos provoquen necesariamente unha contracción muscular polo fenómeno da refracción do nódulo, e que producen diferentes graos de bloqueo.
-
palpitación auricular
Onda que atravesa o nódulo aurículo-ventricular en todas as ocasións. No electrocardiograma obsérvanse ondas en dente de serra, rítmicos e regulares.
-
palpitación nasal
Dilatación do vestíbulo nasal en dispnea pola acción muscular dos elevadores da aleta do nariz.
-
palpitación ventricular
Situación semellante á fibrilación ventricular, de contracción rápida e débil dos ventrículos e inefectiva como bomba.
-
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Exercicio deportivo da Antigüidade que comprendía o puxilato e a loita. Desta última admitíanse todas as súas formas, excepto a loita propiamente dita. Os adversarios levaban os puños nus e estaba prohibido morder.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antropónimo masculino que ten a súa orixe no grego Pankratios ‘todopoderoso’ de pan ‘todo’ e krates ‘poderoso’, derivado de krateo ‘ser forte, mandar, prevalecer’.
-
PERSOEIRO
Mártir. Orixinario de Perpignan segundo unha lenda, morreu degolado durante a persecución de Diocleciano, despois de que o Papa Cornelio o convertese ao cristianismo. Como modelo de inocencia e pureza invocábase antigamente contra os falsos testemuños. En Galicia, invocábase para buscar traballo (“San Pancracio, saúde e traballo”) e moi recentemente estendeuse a crenza de que axuda nos xogos de azar e nos negocios. Na iconografía represéntase como un rapaz novo, que viste túnica curta e cinxida e porta a palma do martirio e a espada da degolación. A súa festividade celébrase o 12 de maio.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Movemento de extensión ou de estiramento de todas as partes do corpo, frecuentemente acompañado de bocexos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Exame cualitativo, en desuso, das proteínas do líquido cefalorraquídeo que se basea na maior ou menor mestura que se produce cando 1 cm3 de solución de fenol entra en contacto cunha gota de líquido cefalorraquídeo que contén proteínas, especialmente globulinas.
-
FILOSOFOS
Filósofo estoico grego. Discípulo de Dióxenes de Babilonia, exerceu unha grande influencia no círculo político de Publio Cornelio Escipión Emiliano, en Roma (144-129), e sucedeu a Antípater como cabeza da escola estoica de Atenas.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Conxunto de procesos físicos, químicos e bioquímicos que teñen lugar na transformación en pan dunha mestura de fariña, auga, sal e lévedo, e en determinados casos outros ingredientes, cando é sometida a unha combinación de traballo mecánico e repouso, a unha temperatura de 25-27°C e durante un tempo previsto, ata a saída do forno ao rematar a súa cocción. Tras deixar fermentar a masa comeza a división, a amasadura e a formación das pezas. Cando estas están xa maduras e ben esponxosas entran no forno, a uns 230-250°C, segundo o tipo de pan. Sucesivamente, e mentres se expande o gas carbónico producido pola fermentación, morre o lévedo, xelatiniza o amidón, destrúense os enzimas, coagulan as proteínas e queda fixada definitivamente a textura do miolo, sen que chegue a exceder os 100°C. O vapor de auga inxectado no forno no momento oportuno axuda ao dextrinado da superficie do pan e á reacción de Maillard entre os azucres e as proteínas, o que dá lugar á cor dourada da codia. Ao cabo de 30-40...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Proceso de formación de pápulas nas doenzas eruptivas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Conxunto formado polo cemento, o periodonto e o óso da prolongación alveolar.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción e efecto de paralizar ou paralizarse.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Protozoo ciliado que pertence ao xénero Paramecium.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción e efecto de parametrizar.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Marxe propia do apotecio dos liques, formada unicamente por hifas.
-
GALICIA
Pintor, realizador cinematográfico e profesor. Catedrático da Escola de Imaxe e Son, realizou diversas exposicións de pintura, composicións en vídeo e producións infográficas. Participou nas mostras Arco (1988 e 1989), así como en numerosos eventos nacionais e internacionais. Da súa produción audiovisual destacan as realizacións Videoviolín (1986, segundo premio na II Muestra Internacional de Vídeo de Málaga), Parpadeo (1986, primeiro premio no I Certamen de Vídeo de Vitoria) e Tránsito (1988, primeiro premio no IV Festival de Vídeos Musicais de Vitoria) e o seu traballo como director artístico no documental Contrabajo (1998, premio AGAPI ao mellor documental galego).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Cantante e compositor. Coñecido como Juan Pardo, iniciouse na música como membro de Los Vándalos e dos primeiros Pekenikes. Fundou Los Brincos, unha das bandas españolas de música lixeira de máis éxito e calidade. Posteriormente separouse e creou, xunto con Antonio Morales, o dúo Juan y Junior, para despois continuar a súa carreira en solitario. Da súa produción destacan Año nuevo (1995), Alma gallega (1997) e Gallo de pelea (1998), e en galego Galicia miña nai dos dous mares (1989), composto case todo por poemas de Cabanillas, e Lúa chea (2003).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Espazo natural protexido, situado no arquipélago de Cabrera, que ten unha extensión de 1.836 ha. Presenta unha cuberta vexetal pouco alterada, onde predominan os arbustos leñosos que forman a garriga. As especies vexetais máis características son a sabina, o piñeiro ou os lentiscos, e existen máis de 30 especies vexetais endémicas, como as especies Rubia angustifolia ssp cespitosa, Rhamnus ludivici-salvatoris, Dracunculus muscivorum, Paeonia cambessedessi e Helleborus lividus ssp lividus. En canto á fauna, nos seus illotes e acantilados viven varias especies de aves mariñas, como a pardela cinsenta, a pardela balear (Puffinus mauretanicus), o paíño común, o corvo mariño cristado, a gaivota de Audouin (Larus audouinii), especie en perigo que conta aquí cunha das mellores colonias do Mediterráneo, e a gaivota patiamarela. É ademais unha zona de paso de aves migratorias, e na que se poden atopar rapaces como o...
-
ENTRADA LARGA
Espazo natural protexido situado na costa atlántica galega, formado polos arquipélagos das Illas Cíes, de 2.658 ha marítimas e 433 ha terrestres; o arquipélago das illas Ons, de 2.171 ha marítimas e 470 ha terrestres; a illa de Sálvora, de 2.309 ha marítimas e 278 ha terrestres; e as illas de Cortegada, Malveiras e illas próximas, de 43,8 ha terrestres.
VER O DETALLE DO TERMO
Proceso de declaración e historia
O proceso que sufriron as illas ata chegar ata este estado de protección comenzou coa declaración do arquipélago das Illas Cíes como Parque Natural en 1980 e de zona especial para aves (ZEPA, 1999). En 1999 aprobouse mediante o Decreto 274/1999 o Plan de Ordenación dos Recuros Naturais (PORN) debido á necesidade de contar cun instrumento de planificación dos recursos naturais que permitira acadar os obxectivos preestablecidos en materia de conservación e harmonizase todos os intereses, tanto o uso sostible como o goce destes espazos naturais. A Comunidade Autónoma de Galicia incluíu...