"To" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 13838.

    1. Acordo de vontades dirixido á regulación dunha determinada situación xurídica que se constitúe como un negocio xurídico de natureza patrimonial. Os seus elementos esenciais son o consentimento das partes; o obxecto, que poden ser todas as cousas que non estean fóra do comercio dos homes, incluídas as futuras; e a causa da obrigación que se estableza. Os seus elementos accidentais son a condición, o termo e o modo. Obriga a cumprir aquilo que as partes contratantes asinaron, aínda que a intervención do Estado no terreo xurídico limitou a autonomía da vontade e estableceu determinadas figuras xurídicas, como o contrato de adhesión, o contrato normal e o pacto normativo. A súa nulidade declárase cando existe algún defecto que lle impide producir os seus efectos; a anulabilidade prodúcese cando ten un vicio que dá lugar a unha acción de nulidade da parte prexudicada. Clasifícase en oneroso ou gratuíto, segundo se estipule ou non unha contrapartida; consensual, real ou...

    2. Conxunto normativo ao que as partes contratantes suxeitan a súa conduta para alcanzar os obxectivos ou resultados que se propugnaron ao facer o contrato.

    3. contrato administrativo

      Contrato celebrado por unha administración pública con persoas naturais ou xurídicas que ten por obxecto a organización ou o funcionamento dun servicio público. O seu elemento diferenciador é a existencia das denominadas claúsulas exorbitantes do dereito común, polas que se impoñen cargas ao particular ou se outorgan facultades á administracion que serían inadecuadas no marco dun contrato privado, como a interpretación ou o acordo de resolución dos contratos. Son os característicos de obras, de xestión de servicios públicos, de subministros, de consultoría e asistencia, e de servicios. Existen contratos administrativos especiais con obxecto distinto aos anteriores, pero que conservan a natureza administrativa.

    4. contrato aleatorio

      Contrato no que unha das partes, ou ambas as dúas de xeito recíproco, se obrigan a dar algunha cousa en equivalencia do que a outra vai facer. Prodúcese en caso dun acontecemento incerto ou cando ocorra nun tempo indeterminado.

    5. contrato atípico

      Contrato que, aínda mencionado pola lei, está desprovisto dunha normativización específica, polo que se deixa a súa concreción á autonomía das partes.

    6. contrato bancario

      Contrato celebrado entre unha entidade bancaria e os seus clientes referido aos préstamos e depósitos. Adoita levar aparellado un servizo de caixa que se instrumenta a través dunha conta corrente.

    7. contrato consensual

      Contrato que se perfecciona polo mero consentimento e sen ningún requisito de forma especial.

    8. contrato declarativo

      Contrato que tende a constatar a existencia dunha relación xurídica. O seu contido debe atribuírse ás anteriores declaracións contractuais das partes.

    9. contrato de adhesión

      Contrato no que o seu contido é prerredactado por unha das partes para unha pluralidade de contratos. Excluída calquera negociación sobre o mesmo, a persoa interesada en contratalo só pode aceptalo tal e como se lle ofrece ou renunciar á súa celebración.

    10. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Du contrat social.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • contrafinal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Embarcación militar destinada a destruír os torpedos inimigos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto de tirantes entrecruzados diagonalmente entre dous elementos dunha estrutura, para conseguir aumentar a súa resistencia contra o vento e os esforzos laterais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Persoa que contravén.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • De maneira, en dirección, colocación ou disposición contraria á normal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Benito Vázquez Contreras.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que manifesta contrición.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Calefactor de locais que está formado por tubos de aletas situados en buratos ou envolturas especiais. O fluído transmisor é, habitualmente, auga ou vapor. A pequena inercia do aparello faino axeitado para o quentamento intermitente. Transmite a calor só por convección, polo que quenta o local de maneira rápida e uniforme.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de convencer ou convencerse.

    2. Circunstancia de estar convencida unha persoa do que di e dos seus actos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Casa na que vive unha comunidade de relixiosos ou de relixiosas baixo as regras da súa orde. O termo resérvase ás casas de ordes non monásticas, aínda que no uso popular ten un sentido máis xeral.

      1. Tribunal de xustiza presidido polo gobernador ou polos responsables políticos ou militares, que se reunía nas capitais dos distritos nos que estaban divididas as provincias. No ordenamento xurídico romano aparecen xa dende a época republicana, naquelas rexións onde non se chegou a establecer unha administración regular.

      2. Subdivisión provincial romana correspondente aos distritos e cunha determinada demarcación territorial. A administración dos conventos xurídicos dependía dun Legatus iuridici per Asturica e Gallaecia con atribucións militares e xurídicas e, ao seu carón, pero con funcións económicas e fiscais, atopábase o Procurator Asturiae et Gallaeciae. Gobernando a provincia figuraba o Legatus Augusti propraetore, responsable global da administración dos conventos xurídicos. Na capital do convento centralizábanse a recadación fiscal, a xestión económica, a administración de xustiza, os cultos relixiosos de carácter oficial e o control militar. Os conventos xurídicos establecéronse en Galicia dende o s I d C, segundo algúns autores durante o goberno de Augusto, pero non foi ata o goberno de Vespasiano (69-79 d C) cando aparecen testemuñas desta medida administrativa. A maior parte da superficie actual de Galicia correspondíase co Conventus Lucensis, mentres que o terzo...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción ou efecto de converter ou converterse.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de convencer ou convencerse.

    2. Acusado ao que se lle probou o seu delito, aínda que el non o confesase.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Quen vive nun seminario ou nun colexio dunha orde relixiosa sen pertencer á comunidade.

    2. Quen reside nun convitorio.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Institución para a vida en comunidade dos cregos que se preparan para o presbiterio ou que veñen de recibilo, destinada á súa formación na actividade pastoral.

    2. Quen está internado nun colexio dos xesuítas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de convocar.

    2. Anuncio ou aviso co que se convoca.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que convoca ou serve para convocar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase ao tipo de prefoliación, típico das poáceas e doutras monocotiledóneas, no que as follas dentro da xema están enrodeladas lonxitudinalmente en forma de tubo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que existe no nacemento ou dende o nacemento e non foi adquirido posteriormente.

    VER O DETALLE DO TERMO