"AGR" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 482.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organismo creado en 1971 que englobaba os organismos do Ministerio de Agricultura encargados da problemática das estruturas agrarias, especialmente o Instituto Nacional de Colonización e o Servicio Nacional de Concentración Parcelaria y Ordenación Rural.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Representación gráfica que, ao aplicar a teoría de Fermio da emisión β permite determinar a enerxía máxima dun espectro de raios β.
-
ENTRADA LARGA
Ecuacións diferenciais que describen o movemento dun sistema mecánico. Dado un sistema de coordinadas xeralizadas, é dicir, un sistema calquera de coordenadas (q1, q2,....qn) que permite especificar as posicións das partículas do sistema mecánico, as n ecuacións de Lagrange, unha para cada unha das coordenadas xeralizadas, son:
FORMULA
onde L é o lagraxiano, e q .i a velocidade xeralizada, é dicir, a derivada respecto o tempo da coordenada qi. As ecuacións de Lagrange, establecidas xa por Euler e denominadas tamén de Euler-Lagrange, son equivalentes ás ecuacións de Newton.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
ES-TRAD;mso-fareast-language: lagranxiano.
-
PERSOEIRO
Matemático. Traballou en L’École Polytechnique de París. Foi o continuador da obra de Euler e traballou en moitos campos, como o das ecuacións diferenciais ou as probabilidades. Estudiando as ecuacións de grao superior en cuarto, indicou as bases da futura teoría de grupos. Tamén ideou o método de interpolación que leva o seu nome, definiu o concepto de enerxía potencial e descubriu os puntos de Lagrange.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Eséxeta francés. En 1879 entrou na orde dominicana. Foi activo promotor do estudo crítico da Biblia no campo católico. Entre as súas numerosas obras destacan os comentarios aos catro Evanxeos e a Introdution à l’étude du Noveau Testament (1933-1937), en tres volumes.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Método para atopar os máximos ou mínimos dunha función u = F (x1, x2,...xn) de n variables, que están sometidas a k condicións suplementarias.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Conxunto, no movemento de tres corpos ao redor dun centro común de gravidade, sendo un dos corpos moito máis pequeno ca os outros, de cinco posicións tales que, se o corpo máis pequeno ocupa algunha, as órbitas son practicamente elípticas. Foron propostos por J. L. Lagrange en 1772. O grupo Troiano disponse sobre os puntos de Lagrange do campo gravitacional Sol + Xúpiter.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Teorema que afirma que a orde dun subgrupo divide a orde do grupo ao que pertence.
-
-
Relativo ou pertencente ás teorías de J. L. Lagrange.
-
Función L = T-V, onde T é a enerxía cinética e V é a enerxía potencial dun sistema. OBS: Tamén se denomina función de Lagrange.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
ES-TRAD;mso-fareast-language: bágoa.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Botar algunhas lágrimas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Arma portátil que dispara granadas mediante unha carga de propulsión. Na Segunda Guerra Mundial foi empregada polo exército de EE UU, denominado bazooka, e polos alemáns, panzerfaus. O lanzador consistía nun tubo de metal lixeiro e sen recámara (canón sen retroceso). O tiro prodúcese por acendido eléctrico e a granada, de 3 a 4 kg, acada preto de 400 m. Os modelos máis recentes, moi reducidos, adáptanse ao gardamán do fusil de asalto lanzando proxectís de 40 mm. Tamén hai lanzagranadas automáticos, de tiro rápido, montados preferentemente en helicópteros de ataque.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Diagrama que permite facer determinacións rápidas da orientación e da simetría dos cristais. Obtense ao recoller sobre unha placa fotográfica a figura de difracción que resulta de facer pasar a través dun cristal delgado un feixe de raios X policromático e finamente colimado. OBS: Tamén se denomina lauegrama.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Procedemento gráfico que permite clasificar os fenómenos demográficos dun individuo ou dun grupo de individuos por períodos anuais de observación e por idade. Represéntase cun sistema rectangular de coordenadas, onde a abscisa corresponde aos anos do calendario e a ordenada ás idades.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Movemento agrarista constituído en Madrid o 30 de xuño de 1910, despois dunha serie de reunións no Centro Galego en que participaron, entre outros, Portela Valladares, Basilio Álvarez, Alfredo Vicenti, Emilio Rondal e Prudencio Landín. Contou con tres directores, A.Vicenti, E. Vincenti e Portela Valladares, e tiña como secretario a Basilio Álvarez. O seu programa concentrábase na redención foral. Apoiado polos republicanos pontevedreses, o Directorio de Teis e a prensa republicana madrileña, a revista Acción Gallega serviulle de voceiro. Organizou unha campaña de mitins en Pontevedra e Lugo protagonizada por Portela Valladares, en que se enfrontou cos seus rivais dentro do partido liberal. Disolveuse rapidamente polas diferencias entre os seus membros e despois da desaparición de Acción Gallega, en setembro dese ano, o distanciamento dos seus líderes levou á súa extinción no mes de novembro.
-
PUBLICACIÓNS
Publicación editada en Lugo a partir do 20 de xuño de 1922 ata 1924. De periodicidade quincenal, apareceu baixo o subtítulo “Boletín de la Federación Católico-Agraria de Lugo” e distribuíuse pola diocese de Lugo. Dirixida por Xulio Pérez de Guerra, foi un boletín de tendencia clerical que incluíu información da federación e noticias agrarias. Imprimiuse nos obradoiros tipográficos de La Voz de la Verdad, en Lugo.
VER O DETALLE DO TERMO -
REXIÓNS
Rexión natural do NO de África que se estende por Marrocos, Alxeria e Tunisia, entre o Mediterráneo e o Sáhara, aínda que en sentido amplo tamén pode estenderse a Mauritania e Libia. De características mediterráneas, está formada por un conxunto de terras altas, que comprenden a cordilleira de Atlas, o altiplano marroquí e as chairas alxerianas. Foi habitada por poboación bérber e islamizouse no s VII. Fraccionouse en diversos estados autónomos a partir do afundimento abbásida.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente a Magreb ou aos seus habitantes.
-
Natural ou habitante de Magreb.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Calidade de magro.