"ALE" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2433.

  • PERSOEIRO

    Emperador de Bizancio (1376-1379). Destituíu ao seu pai Xoán V e gobernou ata que este recuperou o trono (1379).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor italiano. Discípulo de Picinni. Actuou nos teatros máis importantes de Europa e en Roma exerceu de mestre de capela en San Xoán de Letrán (1792-1797). Escribiu máis de setenta óperas entre as que destacan La finta giardianera e Didone abbandonata.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político andaluz. Membro do Partido Comunista de España desde o ano 1972, foi elixido alcalde de Córdoba nos anos 1979 e 1983. No ano 1986, deixou a alcaldía para pasar a presidir a coalición Izquierda Unida. No XII congreso do PCE (1988), foi elixido secretario xeral, cargo que abandonou en 1998 cando o sucedeu Francesc Frutos; malia esa substitución continuou como portavoz de Izquierda Unida no Congreso dos Deputados. Presentou a súa demisión como secretario xeral de Izquierda Unida despois do retroceso electoral da súa formación nas elección locais, autonómicas e europeas do 13 de xuño de 1999, que non lle foi aceptada. En decembro de 1999 foi sustituído, por motivos de saúde, por Francisco Frutos como candidato á presidencia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista francesa de historia fundada en 1929 por Lucien Febvre e Marc Bloch co título de Annales d´histoire économique et social. Adoptou o nome actual en 1946. Foi unha das portavoces das novas correntes da ciencia histórica e acadou un considerable recoñecemento internacional.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista bimensual francesa de xeografía. Creada por P. Vidal de la Blache (1891), recolle reseñas, notas bibliográficas, crónicas e artigos especializados en todos os terreos da xeografía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista trimestral francesa de arqueoloxía, historia e filoloxía. Publicada polas Universidades de Toulouse e Bordeos, e pola Federación das Sociedades Académicas do Languedoc, Pireneos e Gascuña. Foi fundada no ano 1889 por Antoni Thomas, en Toulouse; dende 1948 ampliou o seu eido de estudo a Catalunya, Aragón e Navarra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome dado aos anais redactados dende o ano 830 ata o 882 por autores diferentes, atopado no códice máis antigo do mosteiro de Saint Bertin de Saint-Omer (Pas-de-Calais). O primeiro autor, anónimo, traballou nel ata o ano 835; seguiu Prudencio, bispo de Troyes, ata o 861; continuou, finalmente, Hincmar, arcebispo de Reims, ata o ano 882. Son unha das fontes históricas básicas para o s IX.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Denominación informal coa que se designa a un grupo de Homo erectus europeos, de cronoloxía anterior á do Home de Neandertal, do que se teñen atopado restos procedentes dos xacementos arqueolóxicos de Aragó, Atapuerca, Azych, Petralona e Vertesszöllös, entre outros. Na actualidade a comunidade científica manexa varias hipóteses para explicar a súa posición filoxenética.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que combate a alerxia.

    2. Nome xenérico dos fármacos que inhiben a resposta do organismo a certos antíxenos evitando que se produzan as manifestacións típicas da alerxia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • antimetátese.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relación de equivalencia entre dúas liñas antiparalelas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Dise de dúas liñas rectas non paralelas que cortan os dous lados dun ángulo, de xeito que o ángulo que forma unha delas cun dos lados do ángulo é igual ao que forma a outra co outro lado do ángulo.

    2. Refírese aos vectores que van na mesma dirección, pero en sentidos opostos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto italiano. Autor da cúpula múltipla de San Gaudenzio, en Novara (1841-1881) e da Mole Antonelliana de Turín (1863 -1888).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • č (Černihiv 1884 - ? 1938) Político ucraíno. Membro do Partido Bolxevique, dirixiu no 1917 a toma do Palacio de Inverno de Petrogrado (actual San Petersburgo). Foi vicepresidente do Consello de Comisarios do Pobo, embaixador en Checoslovaquia e cónsul xeral de Rusia en España (1936-1938). Acusado de trotskismo, foi procesado e executado; a súa memoria foi rehabilitada no 1956.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación en galego anual editada en Vigo dende 1992 pola editorial Galaxia, e especializada na investigación da literatura galega. Dirixida por Xoán González-Millán dende Nova York e por Dolores Vilavedra dende Galicia, contaba coa colaboración de Ramiro Fonte, Xosé R. Pena, Damián Villalaín, Manuel Vieites e Helena González, entre outros. Incluía as seccións: “Estudios”, “Comunicacións”, “Panorámicas”, “Compendio bibliográfico anual” e “Libros”.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Perda de sentido vibratorio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ou o Vello (Alexandría s IV) Retórico cristián. Pai de Apolinar de Laodicea. Cando Xuliano o Apóstata prohibiu aos cristiáns a ensinanza das obras clásicas, escribiu para substituílas libros de gramática, poesías, etc, a imitación de Eurípides e doutros estudiosos, dun notable interese histórico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Gramático grego, o máis importante da súa época, coñecido polo alcume o Díscolo, ou sexa ‘o difícil’, por mor da súa escuridade (motivada en gran parte pola súa pésima linguaxe, chea de solecismos e anacolutos). Consérvanse del catro libros: Pronome, Conxunción, Adverbio e Sintaxe. Foi o que impuxo o termo de sintaxe para designar a teoría da construción do discurso.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta ruso. Aos catorce anos comezou a escribir Devenvenskije očerki (Narracións rurais, 1859); entre os seus escritos tamén destaca Stikhotvorenija (Poesías, 1886).

    VER O DETALLE DO TERMO