Annales Sancti Bertini

Annales Sancti Bertini

Nome dado aos anais redactados dende o ano 830 ata o 882 por autores diferentes, atopado no códice máis antigo do mosteiro de Saint Bertin de Saint-Omer (Pas-de-Calais). O primeiro autor, anónimo, traballou nel ata o ano 835; seguiu Prudencio, bispo de Troyes, ata o 861; continuou, finalmente, Hincmar, arcebispo de Reims, ata o ano 882. Son unha das fontes históricas básicas para o s IX.

Palabras veciñas

Annales | Annales de Geographie | Annales du Midi | Annales Sancti Bertini | Annam | annamita | Annan, Kofi