Annam
Rexión do Vietnam que se estende ao longo da costa do mar da China meridional, desde o golfo de Tonquín ata a Cochinchina. Constituída por unha dorsal montañosa, a cordilleira Annamita é unha rexión esencialmente agrícola e as súas poboacións máis importantes son: Hue, Da Nang e Binh Dinh. Primitivamente civilizada por pobos de cultura chinesa, Annam transformouse en reino vasalo da China ata o 1428, cando os annamitas rexeitaron definitivamente os chineses e estableceron un reino independente baixo a dinastía dos Le. Un dos membros desta última familia, Nguyen Ahn, axudado por mercenarios franceses e por outros países europeos, unificou o territorio, que dende aquela pasou a chamarse Vietnam, e fundou o Imperio de Annam (1802). Nguyen Anh converteuse no primeiro Emperador co nome de Gia-Long. Cara ao 1833 estableceuse un protectorado francés sobre Tonquín en Annam. A partir da proclamación da República do Vietnam (1945), Annam entrou a formar parte do Vietnam.