annamita

annamita

(

  1. adx

    Relativo ou pertencente a Annam ou aos seus habitantes.

  2. s

    Natural ou habitante de Annam.

  3. s m [LING]

    Lingua monosilábica de seis tons falada en case a totalidade do territorio do Vietnam por uns 38 millóns de persoas. É a lingua máis importante do grupo de linguas viet-muong, rama da subfamilia mon-kmer da familia de linguas austroasiáticas. Os seus numerosos dialectos difiren entre si relativamente pouco. A lingua estivo moi influída polo thai e, tamén, polo chinés, debido ao feito de ser o chinés lingua de cultura do Vietnam ata fins do s XVI.