"Ain" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 537.

  • olcán apagado, de 4.392 m de altitude, que constitúe o cumio máis alto da Cascade Range, situado ao SO do estado de Washington, EE UU.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta letón. De nome Janis Plieksans, foi redactor xefe do diario Dienas Lapa (O cotián), órgano do movemento Jauna strava (A nova corrente), ao que lle deu unha dirección marxista. Arrestado polos rusos (1897), escribiu en prisión o seu primeiro libro de poemas (1903). Poeta popular, influíu na loita pola independencia de Letonia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Físico. Colaborou no proxecto Manhattan (1942), que creou á bomba nuclear. Profesor do departamento de física da Columbia University, en 1975 recibiu o Premio Nobel de Física, xunto a A. Bohr e B. Mottelson, polos seus traballos sobre os núcleos atómicos e as súas partículas e o desenvolvemento dunha teoría da estrutura do núcleo atómico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • LAGOS

    Lago situado na fronteira entre o estado de Minnesota, EE UU, e a provincia de Ontario, Canadá, cunha extensión de 840 km2.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Partido político africano fundado en 1946 por Félix Houphouët-Boingy, Daniel Quezzin Coulibaly e Sekou Touré. O seu obxectivo era conseguir a independencia dos territorios baixo a administración francesa do norte do golfo de Guinea. Ao acceder os estados africanos á independencia dividiuse en diversos partidos independentes.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Festa ou xuntanza alegre e buliciosa.

    2. Pequena revolta sen importancia.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Persoa que exerce a soberanía dun reino. O rei pode ser electivo, cando foi elixido por elección; hereditario, cando acada o título por dereito de herdanza; absoluto, sen limitación de tipo xurídico; ou constitucional, cando ten o poder definido por unha constitución.

      2. Soberano que goberna como monarca no país en que se está ou ao que se fai referencia.

    1. Persoa, animal ou cousa que destaca pola súa importancia ou excelencia, sobre todo ante os outros da mesma especie, do seu rango ou clase.

    2. Nome afectuoso que se dá a un neno ou a unha persoa moi querida.

      1. Peza principal do xogo do xadrez que pode moverse en todas as direccións.

      2. Carta da baralla que leva pintada a figura dun rei.

    3. Peixe perciforme, de ata 35 cm de lonxitude, co corpo alongado e lixeiramente comprimido. A cabeza é grande e longa, rematada nun fociño afiado, e a boca relativamente protráctil. A aleta dorsal esténdese desde a inserción das peitorais ata a anal. A aleta caudal ten o bordo redondeado. A femia é de cor laranxa, con algunhas manchas negras no dorso e zonas brancas moi rechamantes; o macho é de cor parda verdosa con manchas azuis no dorso, os flancos e as aletas. É un peixe solitario e moi territorial. Aliméntase de peixes, crustáceos e moluscos. Vive en fondos rochosos de 10 a 200 m de profundidade.

    4. Título dado antigamente ao deus Moloc (rei) de Canaan, a Xúpiter, rei dos deuses, ou a Plutón, rei dos infernos. Dado a Iahvé no Antigo Testamento, representa non só un poder xeral sobre todo, como creador, senón que ten un sentido teocrático sobre Israel debido á alianza, e sobre todo escatolóxico. Atribuído a Xesús Cristo, que a Apocalipse chama Rei dos reis, é obxecto dunha celebración especial (Cristo Rei) que instituíu Pío XI en 1925 para o derradeiro domingo de outubro.

    5. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Realizador cinematográfico francés. Adscrito á Nouvelle Vague do cine francés, constitúe, no aspecto estético, o seu representante máis esixente. Considerouse o creador dun cine-literatura a raíz da súa colaboración con novelistas modernos, como Marguerite Duras en Hiroshima, mon amour (1959); Alain Robbe-Grillet en L’année dernière à Marienbad (1960); e Jorge Semprún en La guerre est finie (1966). Destacan os seus filmes Loin du Vietnam (1967), L’an 01 (1973), Providence (1976), Mon oncle d’Amerique (1980), premiada no Festival de Cannes; Melo (1986) e Gerschwin (1992).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Festa ou xuntanza alegre e buliciosa.

    2. Pequena revolta sen importancia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta austríaco. Autor dunha abundante obra, as súas primeiras poesías apareceron en 1894. As dúas viaxes que realizou a Rusia (1899 e 1900), xunto á súa amiga Lou Andreas Salomé, foron decisivas na súa formación. Daquela publicou Stundenbuch (Libro das horas, 1899-1903), Das Buch der Bilder (O libro das imaxes, 1902), Weise von Liebe und Tod des Cornets Christoph Rilke (Canción de amor e morte do corneta Cristovo Rilke, 1906), Neue Gedichte (Novas poesías, 1907) e Der Neuen Gedichte anderer Teil (A outra parte das novas poesías, 1908), onde desenvolveu un novo estilo de poesía lírica máis preciso e concreto, fuxindo do simbolismo francés. Acadou certa sona coa publicación en 1910 da súa novela autobiográfica Die Aufzeichnungen des Malte Laurids Brigge (Cadernos de Malte Laurids Brigge). A Primeira Guerra Mundial marcouno definitivamente, e en 1914 escribiu Fünf Gesänge (Cinco cancións). En 1921 estableceuse en Suíza, onde publicou...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor, guionista e realizador francés. Teórico do Nouveau Roman, a súa obra influíu decisivamente en moitos escritores do s XX e no movemento da Nova Narrativa en Galicia. É autor de Le voyeur (1955), La jalousie (1957), L’annee dernière à Marienbad (1961), levada ao cine por A. Resnais; La maison de rendez-vous (1965), Projet pour une révolution à New York (1970), Topologie d’une cité fantôme (1976), Souvenir du triangle d’or (1978), Djinn, novela de ciencia ficción no marco da gramática estrutural; Le miroir qui revient (1985), Angélique ou l’enchantement (1988) e Un bruit qui rend fou (1995). Colaborou en diversos filmes, ben como guionista, en Taxandria (1996); ben como actor, en Le Temps retrouvé (1999), ou ben como director en Un bruit qui rend fou (1995).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Montañas Rochosas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor francés. Autor de dramas históricos e filosóficos, como Les loups (1897) e Le quatorzejulliet (1902); biografías, como Beethoven (1903) e Haendel (1910); e novelas como Jean-Christophe (1904-1912) e L’âme enchantée (1922-1934), durante a Primeira Guerra Mundial defendeu o pacifismo en Au-dessus de la mêlèe (1915). Recibiu o Premio Nobel Literatura en 1915.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor francés. De nome Louis Farigoule, desenvolveu a teoría do unanimismo, recollida nos seus libros poéticos L’âme des hommes (1904) e La vie unanime (1908), e cultivou tamén a novela, da que destacan os 27 volumes da serie Hommes de bonne volonté (1932-1947), ademais de teatro, ensaio e xornalismo, xunto con algunhas obras dotadas de elementos autobiográficos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CONDADOS

    Condado de Irlanda na provincia de Connacht (2.548 km2; 51.975 h [1996]). A súa capital é Ros Comáin (1.673 h [1992]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Personaxe bíblica. Foi soberana do antigo Reino de Saba, ou quizais dunha colonia sabea do norte de Arabia, atraída pola fama de Salomón, debeu ir visitalo a Xerusalén con regalos preciosos e a poñer a proba a súa sabedoría.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estado de Myanmar (94.625 km2; 4.889.000 h [estim 1994]). A súa capital é Sagaing.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Graxa animal, en especial a do peixe, a dos cetáceos e a do porco.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUNTA

    Punta do litoral atlántico situada na parroquia de Lira (Carnota).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • herba das quenturas/lista.

    VER O DETALLE DO TERMO