rei, raíña
(< lat rege, regīna)
-
s
[HIST/DER]
-
Persoa que exerce a soberanía dun reino. O rei pode ser electivo, cando foi elixido por elección; hereditario, cando acada o título por dereito de herdanza; absoluto, sen limitación de tipo xurídico; ou constitucional, cando ten o poder definido por unha constitución.
-
Soberano que goberna como monarca no país en que se está ou ao que se fai referencia.
-
-
s
Persoa, animal ou cousa que destaca pola súa importancia ou excelencia, sobre todo ante os outros da mesma especie, do seu rango ou clase.
-
s
Nome afectuoso que se dá a un neno ou a unha persoa moi querida.
-
s
m
[XOGO]
-
Peza principal do xogo do xadrez que pode moverse en todas as direccións.
-
Carta da baralla que leva pintada a figura dun rei.
-
-
s
m
[ANIMAL/ICT]
Peixe perciforme, de ata 35 cm de lonxitude, co corpo alongado e lixeiramente comprimido. A cabeza é grande e longa, rematada nun fociño afiado, e a boca relativamente protráctil. A aleta dorsal esténdese desde a inserción das peitorais ata a anal. A aleta caudal ten o bordo redondeado. A femia é de cor laranxa, con algunhas manchas negras no dorso e zonas brancas moi rechamantes; o macho é de cor parda verdosa con manchas azuis no dorso, os flancos e as aletas. É un peixe solitario e moi territorial. Aliméntase de peixes, crustáceos e moluscos. Vive en fondos rochosos de 10 a 200 m de profundidade.
Sinónimos: gaián, lavanco. -
s
m
[RELIX]
Título dado antigamente ao deus Moloc (rei) de Canaan, a Xúpiter, rei dos deuses, ou a Plutón, rei dos infernos. Dado a Iahvé no Antigo Testamento, representa non só un poder xeral sobre todo, como creador, senón que ten un sentido teocrático sobre Israel debido á alianza, e sobre todo escatolóxico. Atribuído a Xesús Cristo, que a Apocalipse chama Rei dos reis, é obxecto dunha celebración especial (Cristo Rei) que instituíu Pío XI en 1925 para o derradeiro domingo de outubro.
-
s
m pl
-
Festividade da Epifanía en que se conmemora a adoración dos Reis Magos ao Neno Xesús e que se celebra o 6 de xaneiro.
-
Datas próxima á festividade de reis.
-
[MÚS]
Cantos tradicionais galegos que cantan o día 5 e 6 de xaneiro de porta en porta un grupo de persoas, chamado rancho de reis, que acompañan as cantigas con instrumentos como pandeiretas, pandeiros, cunchas, tarrañolas e unha gaita. Tamén forma parte do grupo unha parella de bailadores engalanados con roupa de festa. Os cantos de reis constan de tres partes ben diferenciadas: primeiro faise unha petición de licenza para poder cantar; son coplas laudatorias referidas aos donos da casa para así captar a súa benevolencia. Posteriormente, comeza o canto de reis propiamente dito, en que as coplas falan da Virxe, do neno e dos Reis Magos. Xa no remate ten lugar a petición de aguinaldo, en que, mediante coplas alusivas, os cantantes solicitan cartos ou alimentos pola súa actuación para logo celebrar un xantar.
-
-
rei católico
[HIST]
Título dado durante a Idade Moderna aos reis de España.
-
rei cristianísimo
[HIST]
Título oficial do rei de Francia durante os ss XVII e XVIII.
-
rei de armas
[HIST]
Oficial real, antigamente chamado heraldo, que tiña ao seu servizo outros oficiais chamados farautes ou persevantes. Xunto coas funcións do antigo heraldo tiña a de declarar a guerra e publicar a paz, asistir ás cerimonias e distinguir e determinar os escudos das liñaxes e as familias.
-
rei de reis
-
[HIST]
Título dado aos reis partos e persas.
-
[RELIX]
Título que recibe Xesús Cristo na Apocalipse xunto co de Señor de señores.
-
[HIST]
-
rei de romanos
[HIST]
Título oficial do emperador de Alemaña adoptado regularmente a partir de Enrique IV. Dábaselle aos emperadores novamente elixidos antes da súa coroación en Roma e aos príncipes designados polos electores do imperio para herdar a dignidade imperial. Caeu en desuso a partir da publicación da Bula de Ouro que suprimía a coroación imperial en Roma.