Rei, mámoa do

Rei, mámoa do

Mámoa situada en Trasmañó (Redondela). Presenta unha cámara poligonal constituída por seis lousas chantadas e unha sétima, que correspondería coa cabeceira, caída cara ao centro da estrutura. Aínda conserva parte do túmulo que a cubría, cunhas dimensións de 15 m de diámetro e 2,5 m de altura. Localízase no contorno da necrópole do Monte Penide, onde se atoparon 39 medoñas de grandes dimensións.