"Ava" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 621.
-
VER O DETALLE DO TERMO
ES-TRAD;mso-fareast-language: Lugh.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Lavado lixeiro e superficial.
-
-
de lavar ou lavarse.
-
Que está ou vai aseado.
-
Aplícase á comida que ten auga de máis.
-
Que ou quen actúa dun xeito cínico ou desvergoñado.
-
Acción e efecto de lavar ou lavarse.
-
Técnica que consiste en dar cor a un debuxo con tinta ou colorantes diluídos en auga.
-
Empresa de explotación artesanal de aluvións auríferos.
-
Tratamento que se dá a un mineral bruto para eliminarlle a parte estéril.
-
-
PERSOEIRO
Debuxante arxentino. Coñecido como Quino, fíxose popular pola serie Mafalda, iniciada en 1962, onde viu o mundo dos grandes a través dos pequenos. Cultivou tamén o cartelismo e recolleu a súa obra en volumes, como Mundo Quino (1963), Déjenme inventar (1983) e Quánta bondad (1999).
VER O DETALLE DO TERMO -
PUNTA
Punta situada na ribeira esquerda da ría de Betanzos, na parroquia de Carnoedo (Sada).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Pedra ou táboa lisa que se coloca sobre unha pía, un balde ou no bordo dun río para lavar a roupa.
-
Lugar ou utensilio onde se lava a roupa.
-
Construción pública que consiste nunha gran pía rectangular central, onde se deposita a auga, e que ten lados inclinados e lisos, deseñada para lavar a roupa.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Máquina automática deseñada para lavar a roupa.
-
PARROQUIA
Parroquia do concello de Vigo baixo a advocación de santa Cristina.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Antigo concello anexionado ao de Vigo en 1941. Creouse trala desaparición administrativa do Reino de Galicia. A capital estableceuse en Santa Cristina de Lavadores e acollía as parroquias de Bembrive, Cabral, Candeán e Zamáns, posteriorme anexionou Teis. De carácter rural, foi un dos núcleos do agrarismo e onde se redactou o Manifesto de Agosto de 1912, de Basilio Álvarez. Contou tamén con dúas fábricas de curtidos.
-
-
Acción e efecto de lavar.
-
Preparado para que coman os porcos a base de auga, pan reseso, restos vexetais e outros desperdicios de comida.
-
-
CIDADES
Cidade de País do Loire, Francia, capital do departamento de Mayenne, situada á beira do río Mayenne, afluente do Loire (50.947 h [1999]). Destaca a catedral dos ss XII-XVI e o castelo renacentista.
VER O DETALLE DO TERMO -
CIDADES
Cidade da provincia de Québec, Canadá, situada nas illas de Montréal e de Jesus, divididas pola Rivière des Prairies (330.393 h [1996]). Na actualidade é un suburbio ao NO da cidade de Montréal.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político francés. Elixido deputado socialista entre 1914 e 1919, abandonou o partido e volveu á cámara como independente (1923-1944). Ocupou o cargo de primeiro ministro entre xaneiro de 1931 e febreiro de 1932. En 1935 volveu ao cargo de primeiro ministro e realizou diversas concesións aos estados totalitarios, o que provocou a súa caída en 1936. Despois da capitulación de Francia ante as forzas do III Reich foi nomeado viceprimeiro ministro polo mariscal Pétain. A súa política de adhesión incondicional e colaboracionismo co réxime nazi levouno á presidencia do goberno (1942-1944). Despois da vitoria aliada foi condenado a morte e executado.
VER O DETALLE DO TERMO -
DEPARTAMENTOS
Departamento de Uruguay (10.016 km2; 61.085 h [1996). A capital é Minas (37.146 h [1996]).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Máquina automática deseñada para lavar a louza, os vasos, os cubertos e outros utensilios de cociña.
-
-
rei.
-
alavanco.
-
-
-
Arbusto de ata 70 cm de altura, aromático, con follas lineares de beira enroscada, de cor verde abrancazada, e con flores en espiga de ata 3 cm de lonxitude rematadas en brácteas púrpuras de ata 5 cm. En Galicia están presentes dúas subespecies (L. stoechas stoechas e L. stoechas sampaiana) en medios secos e abertos. Ten propiedades medicinais e as súas flores secas empréganse como ambientador e repelente das trazas nos roupeiros, e na elaboración da auga de lavanda.
-
auga de lavanda.
-
-
-
Muller que lava a roupa.
-
-
Ave terrestre, esvelta, co debuxo moi marcado, cola longa, peteiro fino e patas delgadas, que se caracteriza por correr e camiñar con viveza e sacudir a cola. Aniña no chan, en gretas ou entre rochas.
-
lavandeira amarela/verdeal [port: alvéola-amarela; cast: lavandera boyera; ingl: yellow wagtail] [Motacilla flava, Fam dos motacílidos]
Paxaro de ata 16 cm, esvelto, cola e longas patas. A plumaxe varía segundo o sexo. O macho ten o dorso verde por riba, con dúas franxas de cor amarela abrancazada nas cobertoiras das ás case negras, e as partes inferiores de cor amarela. No inverno tanto os machos como as femias son menos rechamantes. O voo é rebotante, camiña e corre. Crían dúas veces ao ano, con postas de 4 ou 5 ovos. Sitúan o niño no chan, en depresións por debaixo de pastos ou cultivos. Aliméntanse de insectos e moluscos, destacando os odonatos en canto a cantidade. Habita cerca da auga, sobre prados e campos húmidos e tamén en campos de cereais. Chega a Galicia na primeira decena de abril, mes en que comeza a crianza, e a finais de setembro as que criaron comezan o seu retorno a África, onde invernan. A súa área de distribución abrangue Europa, Asia e África. En Galicia aparece preferentemente por zonas litorais.
-
lavandeira branca [port: alvéola-branca; cast: lavandera blanca; ingl: white wagtail] [Motacilla alba, Fam dos motacílidos]
Lavandeira de ata 17, 5 cm, píleo negro, longa fronte branca, ás negras, cos extremos e bordos das cobertoiras brancos, e cola negra cos bordos brancos. O macho ten a parte de atrás da cabeza negra separada do negro do peito e o dorso e a rabadilla pálidos. Anda movendo esaxeradamente a cola e tamén corre. Son sedentarias. No inverno a poboación galega increméntase con aves chegadas doutros países do N. A partir de outubro establecen zonas dormitorio colectivas, de ata un milleiro de exemplares, como a existente en Santiago de Compostela. Constrúen o niño situado debaixo dun teito sólido, entre arbustos, en buratos nas casas ou en nichos de camposantos. Cando levan dúas ou catro semanas no territorio de cría empezan a construílo. Fan ata tres postas, pero en Galicia é rara unha segunda rolada. A femia pon un ovo ao día ata chegar a cinco, que incubará durante 12 días. Aliméntanse sobre todo de insectos, caracois e arañas. É frecuente vela capturando os insectos que atrae o gando. Habita...
-
lavandeira real [port: alvéola-cinzenta; cast: lavandera cascadeña; ingl: grey wagtail] [Motacilla cinerea, Fam dos motacílidos]
Lavandeira de ata 19 cm, dorso gris azulado pálido, rabadilla amarela verdosa e cola moi longa. Presenta lista superciliar estreita e branquecina, gorxa branca na maior parte e parte inferior amarela brillante. O macho reprodutor ten unha bigoteira por riba da gorxa, ambas as dúas negras. O voo é o máis rebotante do das lavandeiras, menea a cola case incesantemente e anda a paso lixeiro. É bastante solitaria excepto nos dormideiros e aniña en buratos naturais ou muros preto da auga. Pon de 4 a 6 ovos que soamente choca a femia durante 13-14 días e pode ter dúas niñadas ao ano. Aliméntase de insectos e invertebrados acuáticos. Habita regueiros e ríos pouco profundos, desaugues de granxas, etc. Distribúese por Europa, Asia e África, chegando en Europa ata o S de Noruega e Suecia. En Galicia distribúese por todo o territorio, malia ser máis escasa cá lavandeira branca.
-
-
Muller que habita nas fontes e que se presenta envolta nunha aura misteriosa. En Bretaña as lavandeiras nocturnas -mulleres condenadas polos seus pecados a lavaren todas as noites- están emparentadas coas bruxas. Cando están a lavar convidan a quen pasa a que lles torza a roupa; se o fan no mesmo sentido ca elas, a acción carrexaralles grandes males.
-
-
MONTES
Monte que forma parte da serra da Escrita, situado na parroquia de Vilasante (Cervantes). O seu cumio acada os 1.000 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
PUNTA
Punta do litoral atlántico, situada entre a de San Xurxo e O Castro, na parroquia de San Xurxo da Mariña (Ferrol).
VER O DETALLE DO TERMO