Laval, Pierre
Laval, Pierre
Político francés. Elixido deputado socialista entre 1914 e 1919, abandonou o partido e volveu á cámara como independente (1923-1944). Ocupou o cargo de primeiro ministro entre xaneiro de 1931 e febreiro de 1932. En 1935 volveu ao cargo de primeiro ministro e realizou diversas concesións aos estados totalitarios, o que provocou a súa caída en 1936. Despois da capitulación de Francia ante as forzas do III Reich foi nomeado viceprimeiro ministro polo mariscal Pétain. A súa política de adhesión incondicional e colaboracionismo co réxime nazi levouno á presidencia do goberno (1942-1944). Despois da vitoria aliada foi condenado a morte e executado.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Châteldon, Lo Puèi de Doma -
Deceso
Lugar : Fresnes