"Bia" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 440.
-
-
-
Que é de cor vermella ou encarnada.
-
Cor vermella ou encarnada.
-
-
-
Que é de cor entre o castaño tirando a vermello e o amarelo tirando a vermello.
-
Que ou quen ten o pelo, o cabelo ou as plumas desta cor.
-
Cor castaña tirando a vermello ou amarela tirando a vermello.
-
raza rubia galega
Raza bovina autóctona de Galicia de perfil recto, cabeza alongada nas femias e curta nos machos, coa fronte plana e o fuciño ancho. Os cornos son de cor rosada, coa base branca e puntas escurecidas, e de ollos e orellas grandes. O pescozo é curto e forte nos machos e fino nas femias, e a papada está reducida. A cruz é redondeada, o lombo e dorso son anchos, planos e musculados; os muslos, ancas e pernas son convexos e longos e a cola ten un borlón abondoso. A pelaxe é de cor rubia do triguo ou canela (teixa), e é uniforme, pero existen oscilacións entre o claro e o escuro e as mucosas son sonrosadas. Antigamente distribuíase por toda a rexión galega, pero o cruzamento con outras razas holandesas con fins económicos, provocou o seu descenso ao longo do s XX. O seu uso radicaba tanto en animal produtor de carne e leite como de labor. Actualmente utilízase principlamente para produción cárnica e de tenreiros. Distribúese xeralmente en zonas de montaña media e en vales, entre os 300 e 600 m...
-
-
-
Peixe óseo, da familia dos tríglidos, que pertence aos xéneros Aspitrigia, Eutrigla, Lepidotrigla, Trigla e Trigloporus. Caracterízase por ter a cabeza voluminosa, en relación co corpo, e protexida por unha coraza ósea con aguillóns opérculos, dúas aletas dorsais, a cola recta e os pectorais moi grosos, en forma de abano e con tres raios anteriores. Habitan na rexión costeira da plataforma continental, sobre fondos areosos e lamacentos. Son moi apreciados como peixes para sopa e captúranse con artes de arrastre.
-
...
-
-
-
PERSOEIRO
Emperatriz romana. Foi muller de Adriano (100) e obtivo o título de augusta (128). Consérvanse dela diversas esculturas e a súa efixie apareceu en numerosas moedas.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Que ou quen ten moitos coñecementos nunha materia ou en xeral.
-
-
Que contén ou amosa moita sabedoría.
-
Que foi feito por alguén que posúe coñecementos nesa materia.
-
-
Que ou quen actúa con prudencia e mesura.
-
Nome dado a Salomón, considerado o autor dos libros sapienciais. OBS: Nesta acepción adoita escribirse en maiúscula.
-
Grupo de sete eruditos gregos do s VII a C, tamén coñecidos como a pléiade. Segundo a tradición estaba composto por Bías de Priene, Cleóbulo de Lindos, Periandro de Corinto, Pitaco de Mitilene, Quilón de Esparta, Solón de Atenas e Tales de Mileto. Esta tradición foi popularizada na época helenística por Demetrio de Faleron, que publicou as súas máximas ou apotegmas.
-
-
-
PARROQUIA
Parroquia do concello de Nogueira de Ramuín baixo a advocación de santa Cruz.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Que se desenvolve sobre un ser orgánico morto ou sobre substancias orgánicas.
-
Organismo que se desenvolve nos medios acuáticos continentais caracterizados pola presenza dunha cantidade, máis ou menos grande, de materia orgánica. Na práctica, a presenza destes organismos considérase como un sistema indicador dos diferentes graos de polución da auga. Segundo a cantidade de materia orgánica, fálase de organismo oligosaprobio, mesosaprobio e polisaprobio.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Chuvia conxelada en forma de grans, transparentes ou translúcidos, de 2 a 5 mm de diámetro, que procede da condensación do vapor de auga atmosférico. Cando hai tempestades fórmanse cumulonimbos no seu cume, que están a temperaturas por baixo de 0°C, orixinándose capas de xeo (os falsos cirros); a conxelación rápida da auga forma os grans de sarabia de maior ou menor tamaño.
-
PERSOEIRO
Fotógrafo, irmán de Enrique e Xosé Sarabia González. Participou na Guerra de Cuba (1898) e ao seu regreso a Vigo (1907) iniciuse na fotografía de man do seu cuñado Xosé Gil Gil. En 1909 creou, xunto co seu irmán Enrique, un laboratorio de fotografía e adicouse principalmente á fotografía de exteriores. Desde a década de 1920 asinaron as fotografías co selo “Foto Sarabia”.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Fotógrafo, irmán de Constantino e Xosé Sarabia González. Traballou co seu irmán Constantino en Vigo, no laboratorio e encargouse fundamentalmente da parte de fotografía de estudio.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Fotógrafo, irmán de Constantino e Enrique Sarabia González. Ao seu regreso da Guerra de Cuba (1898) asentouse en Vigo onde traballou, ata a súa morte, no estudo fotográfico do seu cuñado Xosé Gil Gil.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Colección fotográfica composta por imaxes dos irmáns Constantino, Enrique e Xosé Sarabia, que se instalaron en Vigo na década de 1910, á sombra do estudo de Xosé Gil, con quen aprenderon a arte fotográfica. Constantino dedicouse á fotografía exterior, mentres Enrique facía a de estudio. Os seus traballos documentaron desde momentos da historia de Vigo ata actos sociais. Outras imaxes foron encargos comerciais, como as series fotográficas da industria conserveira ou a das obras no porto de Vigo. Publicaron as súas imaxes en Vida Gallega, Faro de Vigo ou El Pueblo Gallego, e ilustraron diferentes libros, como Pontevedra y su provincia (1921) e Libro de Oro de la Provincia de Pontevedra (1931). Tras a morte do último irmán, Constantino, boa parte do arquivo desapareceu.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Precipitación en forma de sarabia.
-
REXIÓNS
Rexión de África occidental, formada pola conca hidrográfica dos ríos Senegal e Gambia, correspondente aos estados de Senegal, Gambia e parte de Mali e de Guinea.
VER O DETALLE DO TERMO -
CONFEDERACIONS
Confederación dos estados de Senegal e Gambia, acordada polo Tratado de Dakar (1981) e vixente entre 1982 e 1989. Pretendía conseguir a unión económica e monetaria dos dous estados membros, a integración das forzas armadas e a coordinación das relacións exteriores, aínda que cada un dos estados mantiña a independencia e a soberanía.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente a Senegambia ou aos seus habitantes.
-
Natural ou habitante de Senegambia.
-
-
REPUBLICAS
República federada de Serbia e Montenegro, que inclúe as rexións autónomas de Vojvodina e Kosovo (88.361 km2; 9.945.128 h [estim 2000]). A súa capital é Belgrado. Abrangue o territorio que se estende ao S de Belgrado e que corresponde coa conca do Morava e coa do seu afluente, o Nišava. A agricultura é a actividade principal e destacan os cultivos de cereais, viña, froiteiras, liño, tabaco e remolacha azucreira. Ten importantes depósitos de minerais. A actividade industrial baséase nas industrias siderúrxicas, maquinaria, industria química, do calzado, téxtil e alimentaria. Os primeiros habitantes do territorio actual de Serbia foron tribos ilirias, tracias e celtas (300 a C). Cara ao 150 a C, a tribo celta dos skordisker conseguiu certo prestixio ata que se iniciou a súa decadencia en 120 a C coa invasión de pobos estranxeiros, entre outros, os romanos, que a dominaron cara ao ano 85 a C. O territorio foi organizado como unha provincia da Mesia Superior....
VER O DETALLE DO TERMO -
REPUBLICAS
República Federal do S de Europa que ocupa a parte central e N dos Balcáns (102.173 km2; 10.538.000 h [estim 2001]). Limita ao N con Hungría, ao NL con Romanía, ao SL con Bulgaria, ao S con Macedonia e Albania, ao SO co Mar Adriático e ao O con Croacia e Bosnia-Herzegovina. A súa capital é Belgrado.
VER O DETALLE DO TERMO
Xeografía física
O centro e o S do país é moi montañoso e está ocupado por importantes cordilleiras e mesetas, con altitudes que moitas veces acadan os 2.000 m de altitude (Durmitor, 2.522 m). Estes relevos son atravesados por fértiles vales fluviais que se dirixen cara ao S e cara ás terras baixas dos arredores do lago Shkodër. As fértiles chairas costeiras esténdense próximas ao porto de Kotor e á cidade adriática de Bar. O N do territorio, Serbia, tamén é montañoso, aínda que moito menos, e está composto por unha chaira inclinada cara ao Danubio e regado polos ríos Tisza, Drava e Sava, formando socalcos de fértiles loess.... -
IGREXAS
Igrexa ortodoxa autocéfala, con xurisdición sobre os pobos que constitúen a Serbia actual. Serbia, cristianizada en tempos de Basilio I de Bizancio (867-886), quedou plenamente vinculada ao patriarca de Constantinopla. En 1219, baixo Estevo II, creouse a Igrexa autocéfala de Serbia, da que o principal organizador foi o monxe Sava. Estevo Dušan Uros IV creou (1346) un patriarcado serbio, con sé en Peč. Suprimido en dúas ocasións (1389 e 1766) a causa do dominio turco, a Igrexa de Serbia foi, finalmente, declarada autocéfala en 1879 e restablecida como patriarcado en 1920.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
-
Relativo ou pertencente a Serbia, aos seus habitantes ou á súa lingua.
-
Natural ou habitante de Serbia.
-
-
-
Relativo ou pertencente ao pobo serbio.
-
Individuo do pobo serbio.
-
Pobo eslavo meridional que, nos ss VI-VII, se estableceu no territorio da actual Serbia e configurou a súa historia.
-
-
serbocroata.
-
Arte desenvolvida polos serbios. As súas orixes atópanse na arte bizantina. Caracterízase pola observación da realidade (frescos de Santa Sofía de Okhrida, 1050?), por un grande humanismo e refinamento (frescos de Nezeri, 1164) e por unha linearidade monumental (típica da Macedonia dos ss XIII-XIV). No s XIII a plástica inspirouse na arte musivaria dos ss V-VIII (frescos de Milesevo, 1236; Sopoćani, 1260) e no s XIV sobresaiu a miniatura, de gran realismo narrativo (mosteiros de Staro, Nagoričino, Studenica, Visoki Dečani). Na arquitectura destacan os mosteiros da rexión do Raška, como Kuršumlija (1168), Ziča (1207), Sopoćani (1272) e Visoki Dečani (1327). Perdida a independencia, os emigrantes exportaron a súa arquitectura a Hungría meridional. No s XIX houbo un rexurdimento da pintura e da arquitectura serbobizantina.
-