sabio -bia

sabio -bia

(< lat sapǐdu)

  1. adx e s

    Que ou quen ten moitos coñecementos nunha materia ou en xeral.

  2. adx
    1. Que contén ou amosa moita sabedoría.

    2. Que foi feito por alguén que posúe coñecementos nesa materia.

  3. adx e s

    Que ou quen actúa con prudencia e mesura.

  4. s m [RELIX]

    Nome dado a Salomón, considerado o autor dos libros sapienciais. OBS: Nesta acepción adoita escribirse en maiúscula.

  5. os sete sabios de Grecia [HIST]

    Grupo de sete eruditos gregos do s VII a C, tamén coñecidos como a pléiade. Segundo a tradición estaba composto por Bías de Priene, Cleóbulo de Lindos, Periandro de Corinto, Pitaco de Mitilene, Quilón de Esparta, Solón de Atenas e Tales de Mileto. Esta tradición foi popularizada na época helenística por Demetrio de Faleron, que publicou as súas máximas ou apotegmas.

Refráns

  • Do sabio, o consello; do rico, o remedio.
  • Non é sabio o que para si non sabe.
  • O que sabe, sabe.
  • Quen sabe en calquera lado cabe.
  • Sabio é quen pouco fala e moito cala.

Palabras veciñas

Sabino, san | Sabino/Sabina | Sabinos, montes | sabio -bia | Sabiote | sabir | 1 sable