"Eva" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 409.
-
PERSOEIRO
Político, V conde de Ureña e duque de Osuna. Embaixador extraordinario en Roma e en Portugal, favoreceu o acceso de Filipe II ao trono portugués. Foi vicerrei de Nápoles (1582-1586).
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Ciudad Real, Castela-A Mancha, drenado polo río Jabalón, ao S de Valdepeñas (3.189 h [2001]). A agricultura, a gandaría e a elaboración de viño son a base da súa economía.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Físico e matemático italiano. Estudou en Faenza e Roma. Sucedeu a Galileo como matemático do gran duque de Toscana. Estudou o movemento dos corpos e o seu equilibrio, así como a caída dos líquidos. Construíu diversos instrumentos, entre eles un termómetro, e en 1643 realizou unha experiencia para medir a presión atmosférica mediante un tubo de mercurio, que constitúe o fundamento do barómetro. Publicou Trattato del moto (1640) e Opera geométrica (1644).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Coalición formada en 1608 polos príncipes protestantes que xurdiu baixo a dirección de Federico IV do Palatinado como un intento de defender a secularización e de poñer fin ao dominio católico dos Habsburgo. Tivo o apoio de Francia, Inglaterra e os Países Baixos. Disolveuse en 1621.
-
PERSOEIRO
Autor dramático. Discípulo de Lope de Vega, das súas obras destacan Reinar después de morir, que recolle a lenda de Inés de Castro, La luna de la sierra e La serrana de la Vera. Escribiu tamén a novela satírica, con trazos costumistas e picarescos, El diablo cojuelo (1641).
VER O DETALLE DO TERMO -
CIDADES
Cidade da provincia de Pavia, na Lombardía, Italia (64.672 h [2001]). Situada á dereita do Ticino, destaca a industria do calzado.
VER O DETALLE DO TERMO -
PARROQUIA
Parroquia do concello do Saviñao baixo a advocación de san Salvador.
VER O DETALLE DO TERMO -
PARROQUIA
Parroquia do concello de Láncara baixo a advocación de santa María.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Músico. Catedrático de Historia da Música da Universidade de Santiago de Compostela, director do grupo In Itinere e asesor musical da Fundación Barrié de la Maza, fundou o Grupo Universitario de Cámara de Compostela. Director da revista musical Salinas, publicou Os vilancicos galegos de Melchor López (1980), con Joam Trillo; La música medieval en Galicia (1982), Polifonía sacra galega (1982), con Joam Trillo; El Pórtico de la Gloria (1988) e Los villancicos gallegos de la catedral de Mondoñedo (1989). Recibiu o Premio da Crítica Galicia (1986).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Avogado, empresario e político. En Ourense foi membro da Confederación de Empresarios e tenente de alcalde. Foi deputado no Parlamento galego por Alianza Popular (1981-1985) e por Coalición Popular (1985-1989) e conselleiro de Turismo, Xuventude e Deportes (1981-1985) e de Presidencia (1985-1987).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada en Parada das Achas (A Cañiza). Ten planta rectangular e, formando ángulo, atópase a capela. Conserva escudos coas armas dos Sarmiento e Soutomaior.
-
MUNICIPIOS
Municipio situado na provincia de Toledo, Castela-A Mancha, regado polo río Gigüela (3.468 h [2001]). Ten unha pequena industria alimentaria.
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Málaga, Andalucía, situado en Los Campos de Antequera (4.165 h [2001]).
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio situado na provincia de València, Comunitat Valenciana (7.205 h [2001]).
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio situado na provincia de Córdoba, Andalucía, ao NL da provincia (9.781 h [2001]). A súa economía tradicional baséase nos xamóns e nas navallas.
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio situado na provincia de Zaragoza, Aragón, a 13 km da capital provincial (3.426 h [2001]).
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio de Madrid, situado na beira esquerda do Guadarrama e o seu afluente Aluencia (11.701 h [2001]).
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio situado na provincia de Ciudad Real, Castela-A Mancha (2.628 h [2001]).
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio situado na provincia de Cuenca, Castela-A Mancha, regado polo río Valdemembra (2.563 h [2001]).
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio situado na provincia de Jaén, Andalucía, regado polo río Guadalquivir (3.319 h [2001]). Da súa economía destaca o cultivo das oliveiras.
VER O DETALLE DO TERMO